
Non é unha marabilla do sétimo arte, nin tan sequera é unha peza que pase á historia do mundo do cine, e nin por asomo será plena candidata a levarse ningún premio ou recoñecemento importante pero, para gran sorpresa miña (a verdade é que pensei que por fin podería volver a “cagarme” noutro fiasco cinematográfico, pero estoume comezando a preocupar xa que levo tempo sen poder realizar unha crítica malsá e vomitiva contra unha película) este filme cumpre o seu cometido, que a fin de contas é a finalidade de ir ao cine (home, ben é certo que a veces gusto de ir ver películas que de verdade valgan a pena) que é entreterse.
Bienvenidos a Zombieland é unha película de zombis (siii ohh!!!), pero dende un punto de vista “cómico”, que conta as “aventuras” dun grupo de persoas que deben sobrevivir nun mundo ateigado de criaturas sedentas de sangue (que guión tan orixinal, ¿non?), e será polos oitenta e pico minutos aproximadamente que dura o largometraxe, ou polas situacións tan hilarantes que ofrece nalgúns momentos (que te fan escachar coa risa por certo), que estamos ante unha volta de torca a estas películas deste xénero, moi propia das series B, e é neste punto a miña sorpresa (esperábame a típica película de zombis cun extrano lugar “libre” de “bechos” ao que acudir ao final do filme, na que sempre morden a un dos compañeiros do protagonista e que o oculta durante toda a “trama”, etc) e tamén o ÚNICO mérito da mesma.
Quizabes sobraban certas esceas de sangue (sen chegar nin tan sequera ao gore máis noxento), pero en xeral é unha película moi entretida, que fai rir e pasar un bo momento.
Home o de sempre: final moi predicible, o “eterno” e cansino namoramento dos protagonistas ao final, o típico rapaz tímido que se volve seguro de si mesmo, etc etc etc...
Conclusión: se non hai nada mellor no cine para ver (coma nos pasou a nós) non é ningunha tolería meterse na sala que proxecten Bienvenidos a Zombieland
O mellor: que te ris seguro.
O peor: as esceas de sangue tan típicas destas películas.
O espléndido Señor da Xe





















