Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

martes, 27 de marzo de 2012

Concerto AVALANCH - Malefic Time Apocalypse

Parece que se estea a convertir en costume, unha moi grata por certo, pero xa que podemos disfrutar dunha gran sala de concertos a apenas 30 minutos das nosas casas, na que parece últimamente estean a atinar con agradables nomes propios, non imos ser nós quenes desaproveitemos a oportunidade de disfrutar de grandes espectáculos... (que conste que este ano algún concerto máis está xa programado)
Nesta ocasión, coa compaña do inestimable Señor da Z (como non) e de dous comentaristas desaparecidos e bastante infrecuentes neste blog (que non esquecidos), Jose e o sr. Pepe Chancludo; nos dispuxemos para deleitarnos cunha nova exhibición musical: o grupo español Avalanch na presentación do seu último disco: Malefic Time Apocalypse.

Trala marabillosa intro, saltaron os integrantes do grupo, con Alberto Rionda e Ramón Lange á cabeza (sobre todo o primeiro que é o que manda), guitarra e voz dos asturianos, ante un anestesiado público e unha inaudita entrada, lonxe do cheo da sala; co single do ambicioso traballo que presentaban e de análogo título 'Malefic Time: Apocalypse'...
...seguindo máis ou menos a orde do seu máis recente redondo, 'Baal' (a mellor do disco sen dúbida) e 'La Augur'...
...'Lilith', 'Spread Your Wings', a grandísima instrumental 'Lost In Saint Patrick', 'In The Name Of God' e a tamén instrumental 'Soum's Death', foron o punto final a esta primeira parte íntegra en inglés e exclusiva deste disco, ademáis do preludio para unha segunda tanda cos temas máis soados e clásicos da banda.
A emotiva 'Vientos Del Sur' e 'Niño' acabaron por encender a uns espectadores ata ese momento durmidos...
A mítica 'Lucero', 'Xana', 'Ángel De La Muerte', 'Otra Vida', 'Mil Motivos' e 'Pies De Barro' conxugaron a rolda das cancións en castelán (coas que agora si, o público cantou e disfrutou) e deron fin ao concerto en si.
Para o final gardaron os temas máis cañeros, tanto do Malefic Time como dos anteriores lanzamentos, para dar por consumada outra gran noite de boa música: as instrumentais 'Apocalyptic Dream' e '9th Snake', a rara 'Marduk' (rara nun grupo cunha traxectoria heavymetaleira como este), o trallazo 'Voices From Hell', e as últimísimas 'Semilla De Rencor'...
... e 'Lágrimas Negras'.
Tras unha actuación brutal de 23 cancións, e a pesares de non ser un fan incondicional, eu persoalmente o disfrutei como o que foi, a miña primeira experiencia visual con esta banda, onde a diferencia da maioría do respetable o pasei mellor coa primeira parte (botei moi de menos 'Alas De Cristal' na segunda), que para min foi colosal, cun maiúsculo cantante como é Ramón (un todoterreno para definilo mellor) e cun soberbio Rionda (para ben e para mal); e todo iso a un módico prezo, ¿que máis se pode pedir?...

... que houberan acabado con 'Alas De Cristal'... non empañemos tan excelsa crónica, XD...



O radiante

6 comentarios:

  1. O primeiro, que os videos non son grabados por min (cousa bastante clara por certo) xa que ese día estiven preguiceiro e non grabei nada, pena perderse 'Baal' e a intro pero bueno... (a intro do artigo non é a proxectada na sala capitol pero é bastante bastante aproximada).

    Con todo, me parece moi interesante este novo proxecto de Avalanch, que ao mellor non lle vai moi ben, pero moi interesante (ollo, a min quitando unha canción ou 2 me encanta), un disco no que as cancións se basan nun cómic está a crear escola na música heavy ou rock, xa que teño entendido que hai outros grupos españois que copiaron a idea (non recordo o nome, se Jose aparece por aqui quizais o aclare él), pero quitando eso que é o de menos, este último é un gran disco. Avalanch ten un pedazo de cantante, que a min me cadra máis noutro grupo si, pero que unha vez que Avalanch pasou completamente a era Víctor (o de Warcry) e se amoldou a este novo estilo (máis lonxe do power metal e do heavy inicial) gañou enteiros, tamén.

    En canto ao concerto, quitando Jose que a priori sería o maior seguidor deste grupo, o espéctaculo que montamos os catro foi digno de mención, pareciamos super-fans coa aloucada maneira coa que vivimos o concerto... XD

    ResponderEliminar
  2. pos mira que ben!boh a min parecenme tan caros os concertos....si, igual son eu que son algo pichirri...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ate 15 euros a según que grupo non é moi caro... XD

      Pichirri... jajajajaja

      Eliminar
  3. A min este disco chamoume máis a atención que a maioría dos seus anteriores. Exceptuando cancións soltas de anos pasados que si me poden gustar moito, como disco en conxunto prefiro este. De feito extranoume ir lendo na crónica que a xente estaba a quedarse durmida pero bueno, para gustos, como todo.

    Si que se nota que non son grabados en primeira persoa, botei de menos os comentarios que sempre me fan rir xD Non coñecía o primeiro vídeo con esa presentación pero gustoume moito, vino varias veces xa, a fotografía, ironicamente, paréceme moi fermosa.

    PD: Este espazo estará incompleto ata que comenten todos os que asistiron ao concerto ;)

    ResponderEliminar
  4. 15 euros ainda esta ben, eu pagara 25 por extremoduro e o ultimo de Los suaves en orense con non sei que grupo tamn 23-25 oros

    ResponderEliminar
  5. Moi mal a xente que pode ir e non vai a estes concertos por nugalla. Despois nos queixaremos que non veñen grupos, pero comezo a entender o porqué.
    Creo que a sala capitol en particular está a traer músicos de calidade e a resposta non está sendo a que debería. Disfrutemos agora dos concertos porque non lle vexo, por desgraza, continuidade.

    Neste concerto que aqui se trata me pareceu moi pouca asistencia. Creo que o grupo merecía a pena. O fixeron relativamente ben e nin tan sequera a xente que estaba alí o disfrutaba.
    En fin, eu a pesares de non ter moito coñecemento da banda, o pasei moi ben, disfrutei do concerto e espero que siga habendo concertazos pola zona.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...