Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 8 de marzo de 2012

As 50 películas máis odiadas de todolos tempos...

A listaxe promete, pero é necesario aclarar que, a pesares de que o filme ao que fai referencia a imaxe que encabeza estas verbas aparece entre o medio centenar de títulos que presentarei a continuación, me pareceu o suficiente apropiada para coronar este espero opinable artigo.

O portal TotalFilm foi o responsable da reunión destas 50 películas máis detestadas da historia, que seguramente e non necesariamente gustará a todos, pero que para o mesmo Señor da Xe, amante impasible das listas e destas curiosidades fílmicas, se conxuga como a excusa perfecta para presentar "carnaza" para debatir e redebatir ata a fin dos días sobre cales nunca deberían ter a "honra" de formar parte de tan distinguida retahíla de cintas e cales merecen podrecer nos seus postos de maneira irrefutable.

Teremos en conta que (seguramente) se fixo por votación popular, polo que sempre haberá xente que elixirá algunha boa película "pa joder", ou incluso haberá algunha que será menosprezada polos motivos máis variopintos, a saber, polas veces que a botaron na televisión por exemplo.

Home, que a nadie lle extrañe atopar 'Crepúsculo' (eu poñeríaas todas encabezando a lista), 'Batman y Robin' ou 'Campo de Batalla: La Tierra' entre as "benditas", ou as obras do "querido" M. Night Shyamalan. Tamén é certo que hai moitos outros exemplos (miles) (millóns) que non desentonarían nada e non aparecen.

Curioso é tamén que o ouro e a prata sexan para dúas creacións de George Lucas, supoño que admirado e reprobado por igual, ou que o tercer posto o ocupe unha película de tan alta calidade como 'Forrest Gump'; pero neso mesmo incide o encanto deste artigo, e desta listaxe en particular, o incalculable número de comentarios e opinións que xurdirán no seu devandito espazo (¿?).

Do 50 ao 1:

50. ‘Daredevil’(2003)
49. ‘Superman Returns’(2006)
48. ‘La Matanza de Texas’ (2003)
47. ‘Terminator Salvation’ (2010)
46. ‘El Exorcista 2: El Hereje’ (1977)
45. ‘Halloween, El Origen’ (2007)
44. ‘Los 4 Fantásticos (Los Cuatro Fantásticos)’ (2005)
43. ‘Resident Evil” (2002)
42. ‘Una Chica De Jersey’ (2004)
41. ‘Constantine’ (2005)
40. ‘Barridos Por La Marea’ (2002)
39. ‘Epic Movie’ (2007)
38. ‘Furia De Titanes’(2010)
37. ‘Pesadilla En Elm Street (El Origen)’ (2010)
36. ‘Matrix Reloaded’ / ‘Matrix Revolutions’ (2003)
35. ‘Godzilla’ (1998)
34. ‘Van Helsing’ (2004)
33. ‘The Spirit’ (2008)
32. ‘Crash’ (2005)
31. ‘Sucker Punch’ (2011)
30. ‘Alien Resurrección’ (1997)
29. ‘Spider-Man 3′ (2007)
28. ‘Sexo En Nueva York′ (2010)
27. ‘Piratas del Caribe: En el fin del mundo (Piratas del Caribe 3)’ (2007)
26. ‘El Planeta De Los Simios’ (2001)
25. ‘Los Vengadores’ (1998)
24. ‘Pearl Harbor’ (2000)
23. ‘La Liga De Los Hombres Extraordionarios’ (2003)
22. ‘Campo De Batalla: La Tierra’ (2000)
21. ‘The Wicker Man’ (2006)
20. ‘X-Men 3: La Decisión Final’ (2006)
19. ‘Aliens VS Predator’ (2004)
18. ‘Los Inmortales 2: El Desafío’ (1991)
17. ‘Love Actually’ (2003)
16. ‘Hulk’ (2003)
15. ‘Catwoman’ (2004)
14. ‘Avatar’ (2009)
13. ‘La Joven Del Agua’ (2006)
12. ‘El Incidente’ (2008)
11. ‘Airbender, El Último Guerrero’ (2010)
10. ‘Muere Otro Día’ (2002)
9. ‘House Of The Dead’ (2003)
8. ‘Titanic’ (1997)
7. ‘Transformers 2: La Venganza De Los Caídos’ (2009)
6. ‘Batman Y Robin’ (1997)
5. ‘Psicosis’ (1998)
4. ‘Crepúsculo’ (2008)
3. ‘Forrest Gump’ (1994)
2. ‘La Guerra De Las Galaxias. Episodio I: La Amenaza Fantasma’ (1999)
1. ‘Indiana Jones Y El Reino De La Calavera De Cristal’ (2008)




O expectante

5 comentarios:

  1. pos nn acabo de enteder a motivación da devandita clasificacion...crash?matrix??forrest gump?pearl harbor mala????¿¿¿??? algunhas non entendo pq son malas,entendo que non gusten a todos pero tanto como poñelas nunha lista de pésimas....la playa si que foi pésima,a que incluen de wikerman tamn que fun a unica que permaneceu desperta no cine...la noche de los muertos vivientes...calquera delas poderia ester no sitio de algunha destas grandes obras que se lles colaron...eu preferiria unha lista elaborada por vostede que seguro que tan máis criterio...

    ResponderEliminar
  2. Hai algún título que sorprende, pero bueno, non é unha lista de películas malas senon simplemente de películas odiadas, e a saber porque razón cadaquen odia calquera película: algún odiará 'Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal' porque ten moitas letras no título (weno, está realmente é mala, jajajaja) como odiará 'Forrest Gump' porque a foi ver con alguen que agora lle cae mal.... a saber...

    Eu tampouco daría feito unha lista das miñas 50 películas máis odiadas; unha lista con 50 películas pésimas si (aínda que quizais sería incapaz de poñelas nun orde), pero bueno, de facelo, tería 5 postos:

    5. Crepúsculo
    4. Luna Nueva
    3. Eclipse
    2. Amanecer: parte 1
    1. Amanecer: parte 2
    (máis da metade non as vin e algunha nin saiu, pero sería esta... XD)

    P.D.: con todo, podemos retomar este antigo artigo e facer unha nova criba, jajajaja:
    http://osenhordaxe.blogspot.com/2010/11/senor-da-xe-academy-awards-1.html

    ResponderEliminar
  3. Habería que saber en que basan o seu odio para entender o porqué.
    Coincido en que crepúsculo debería estar nas máis odiadas. XD

    ResponderEliminar
  4. si igual se pode usar o tema das pelis que odiamos para sacar un psicoanálise...o odio a crepusculo poderia vir pq xa non disfrutamos de pelis para adolescentes o que nos fai sentir vellos...e antisociais...jajaja

    ResponderEliminar
  5. É o que decides, unha cousa é unha película de mala calidade e outras son as que cada un (polo que sexa) as odia. Eu teño preferencias por algúns xéneros pero non quere decir que todas me gusten ou me parezan boas. Da mesma maneira que polo xeral as de acción non me convencen e sen embargo si teño visto algunha que me deixou bo sabor de boca.

    Haberá xente que as odiará según o actor protagonista ou o xénero, ou Titanic por exemplo porque a moza se namorou de DiCaprio... xD

    Eu non podo opinar da maioría, non as vin, pero con bastantes coincido que non me gustaron. E moitas que non me chaman a atención como as de Indiana Jones, A Guerra das Galaxias e Epic Movie son un exemplo. Do de Crepúsculo só vin esta e pagando, poucas veces me arrepentín tanto de cartos tirados.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...