Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 2 de marzo de 2012

Concerto TARJA+Hannibal+Benighted Soul

Parece que algo cambiou últimamente na axenda (ou na mentalidade) da sala compostelana, e o digo única e exclusivamente pola maior presenza (para gusto de todos e noso, como non...) de grupos internacionais e máis coñecidos que de costume, ou porque non dicilo, de máis caché, ou maior capacidade de provocar un desprazamento masivo de oíntes (non quita que nos últimos anos nos visitasen ano si e ano tamén grupos máis ou menos míticos como poideran ser WASP ou Alice Cooper), o cal provoca á súa vez, a nosa asistencia a todos estos eventos musicais (este ano promete ser, me parece, o ano ao que máis concertos vou a ir... XD).
Ao que nos atañe; por primeira vez en Galicia, e máis concretamente en Santiago de Compostela, nos visita Tarja Turunen coa súa banda, na súa aventura en solitario trala axitada saída do grupo no que antes militaba e aquel co que acadou a fama mundial que agora atesoura, Nightwish. Esta vez si, o Señor da Z si me acompañou, así como outro individuo que permanecerá no anonimato (a non ser que él me pida expresamente aparecer nomeado neste artigo... XD).
O cartel do concerto (como así descubre o mesmo título da crónica), ademáis da mencionada, o completan as bandas Hannibal e Benighted Soul, como teloneiros ou bandas de soporte; e é coa primeira destas dúas coa que empezo, para así manter ao mesmo tempo a orde natural de tan abraiantes 2 horas (aprox.) de boa música. Digno de mencionar é que, creo, nunca vira tanta calidade, ou nunca vira dous grupos acompañantes de cabeza de cartel que me gustasen "tanto", tendo en conta o jodido (ou non) que é saír a tocar ante un público que non está alí para verte; opinión que para maior concreción e xustiza se refire case especialmente á primeira delas, Hannibal, que, a pesares de tocar apenas 4 temas nos pareceu, nese minúsculo tempo de actuación un grupo a ter en conta.
Salientable da banda grega foi a gran versión que se mandaron da "Aerials" dos desaparecidos System Of A Down que fixeron as delicias dos asistentes.
Deseguido saltaron a escea os franceses Benighted Soul (non tanto deseguido xa que sempre hai certo movemento no escenario tras cada actuación) cun estilo máis "acorde" aos Nightwish actuais (non pretendo ser malicioso) que estiveron algo máis animados que os primeiros, aínda que tamén gozaron de maior tempo (non moito máis) para tocar algunhas das súas pezas.
Tralos segundos teloneiros viña o gran espectáculo que todos estabamos a agardar dende case as 8 da tarde que accederamos ao local; as luces se apagaron para recibir, tras unha intro en off e entre estrondorosos berridos aos músicos que acompañan a gran figura que é Tarja. En todo momento sorrinte, interactuando cun público especialmente entregrado á súa diva, dirixíndose aos presentes nun fluído castelán, pidindo palmas, co único propósito de facer do concerto algo memorable.
O tracklist arrancou do mesmo xeito que o fai o disco que a cantante viña a presentar á capital galega "What Lies Beneath", coa canción 'Anteroom Of Death', seguidas por 'My Little Phoenix' do seu anterior traballo. O primeiro single deste último cd 'Falling Awake' foi a seguinte (faltaba Joe Satriani para acompañala nesta, ¿eh señor da Z? XD), para que tras 'Dark Star' e 'I Walk Alone' (previo agradecemento do noso apoio trala súa saída de Nightwish), se retirasen os músicos de escea, agás Mike Terrana, ese pedazo batería que nos ía a ofrecer este pedazo de solo (naaaaa... case 10 minutos, pero naaa...), algo que nunca me imaxenei que acabaría vendo en directo...
Unha imaxe (neste caso, un vídeo) vale máis que mil palabras.
A solista seguiu co seu repertorio con 'Little Lies', baixando logo o ritmo con 'Underneath', para soltar o trallazo tras esta con 'Bless The Child', a primeira versión de Nightwish da noite. O consecuente ruxido da sala se dá máis que por sentado.
A banda tamén tivo tempo para reunirse todos no medio do escenario e brindarnos nun xeito máis "íntimo" temas a maiores da corta traxectoria de Tarja como solista: 'Rivers Of Lust'...
... 'Minor Heaven', 'Sign For Me' e 'I Feel Immortal', esta última coa cantante ao teclado...
Non facía falla, pero por se quedaba algunha dúbida, nos deixou máis que patente o virtuosismo e calidade da súa voz.
A 'Ciaran's Well' segiuna 'In For A Kill', retomando de novo a enerxía tralo pequeno especie de "unplugged" que viñan de marcarse...
Tralos saúdos pertinentes os músicos se retiraron do escenario para realizar o que nos demos en chamar "o paripé de todo artista", dito doutro xeito, o "bis", para ofrecernos un novo trallazo esa noite; 'Over The Hills And Far Away', que evidentemente terminou por enlouquecer a sala Capitol.
Como punto final do acto remataron a noite con 'Die Alive' e co último single do seu último redondo, 'Until My Last Breath'...
Como deu en definir un asistente ali presente, a noite dese xoves foi un espéctaculo moi espectacular, cunha Tarja manexando perfectamente salas de menor calibre, demostrando toda esa experiencia que ven acumulando tralos seus anos á fronte de grandes bandas, ofrecendo esa gran exhibición que doadamente disfrutamos todolos espectadores e díficilmente esqueceremos; e pensar que a pouco máis decidimos non ir...


Desaparecido en combate, o

3 comentarios:

  1. Un peazo Concertaco!! Non esperaba tanto nunha sala tan pequena, pero moi moi ben.
    Deronme un pouco de pena os teloneros porque a xente ainda non chegara e a que había estaba un pouco fría, pero moi ben eles tamén.

    Uns músicos que sonan mellor en directo que nos discos, é dicir, uns músicos de verdade.
    Menos mal que o final fumos. Como puidemos dubidar en ir?? Gratísima sorpresa Tarja

    O mellor da crónica é o video da presentación da banda onde nun alarde de inxenio inventamos todo tipo de motes. xD

    Grandes músicos, peazo de voz e grandísimo batería.
    En definitiva un espectáculo espectacular

    PD: satriani podía vir, pero ti cres que a xente sabería quen é?? XDD

    ResponderEliminar
  2. A calidade dos videos é pobre pero tamen o son eu e polo tanto non me podo permitir un móvil mellor, ademáis que cansaba telo brazo no alto e por eso se move tanto a imaxe, jajaja...

    Boh foi que fumos Señor!! pensei que ía a ir pao nicho sen ver un solaco de batería en directo... xa podo morrer traquilo!! XD

    P.D.: ao mellor cando o presentara Tarja igual algunha persoa cria recoñecer o nome, jajajaja..

    ResponderEliminar
  3. E do espectáculo espectacular pasamos á envexa envexosa!!! Jajaja, alégrome de que ao final forades así podo facerme unha idea de como foi. E tamén rirme moito cos comentarios que se escoitan, sobre todo o de "Dálle unhas voltas aí" en "Rivers of lust", fíxome moita gracia.

    Menuda voz que ten en directo tamén, eu vira o último concerto con Nightwish e xenial pero os medios non eran os mesmos e aínda así mantén o nivel, toda unha artista. Un detalle cantar en castelán tamén, tivo que ser xenial estar alí.

    O solo foi impresionante tamén, e non podían ter marchado sen esas cancións finais, en especial a de "Over the hills and far away" gústame moito. En definitiva, envexa, é o que sinto xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...