No pobo de Rakkest, ao sur de Oslo, en Noruega, un rapaz de trece anos volvía a escola cando se veu atrapado por catro lobos famentos. Walter Ajkrem, que así se chama o infante, sen perdela calma, sacou o seu teléfono móvil e deuselle por poñer a todo volumen un tema da banda norteamericana Megadeth; claramente, cousa que o resto dos europeos nunca demos en imaxinar, aos lobos non lles gusta nada de nada o thrash metal (XD), polo que fuxiron despavoridos. Ao parecer, momentos despois os animais regresaron, pero unha nova ración metaleira foi suficiente para que estes volvesen a desaparecer e o impúber conseguise salvarse.
Polo visto, a Walter lle ensinaron algunha vez que, postos na situación que lle tocou vivir, nunca intentase fuxir do ataque destas peludas bestas, senon que intentara por todolos medios facer que fosen as feras quenes puxeran pés (bueno... patas) en polvorosa.
Por facer cábalas (xa que en ningures vin o título de tan asustadizo tema), eu diría que o chaval fixo soar a seguinte....
jajajaa moi bo sí señor...así e todo o que fan as novas tecnoloxías eu nesa situación posiblemente se me dera por...por...tirarlles pedras!pero as novas xeracions non!saben sacarlle partido os aparellos electrónicos modernos!
ResponderEliminaraviso: introducir a cancion: "ai se eu te pego "no movil e ver se ante esa situación faria o mesmo efecto...esta claro que os lobos saben a que lles ter medo!
ResponderEliminarJajaja... pois a min non me chirría aos oídos, ao contrario que a proposta por Arredemo xD Porque o chaval non a coñecía pero seguro que hai ben delas que conseguirán asustar incluso aos lobos. Que por certo, eu non vin nunca ningún en liberdade pero dende que lin fai moitos anos o relato de "Os lobos" de Ánxel Fole sempre temín atoparme con un. Ata tiven pesadelos por culpa desa lectura pero ao mesmo tempo segue a gustarme pasar medo, misterios... xD
ResponderEliminar