Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 27 de septiembre de 2010

10.000 grazas


Moitas grazas a todos por me permitir e me axudar a acadar esta impresionante cifra.

En primeiro lugar (coma sempre) mencionar aos dous blogueiros aínda en funcións (e case os únicos que aínda se pasan a comentar): Señor da Z, ArreDemo, moitas grazas por acompañar a este servidor nesta aventura, incluso na hercúlea labor de comentar todos e cada un dos nosos artigos.

Ao mesmo tempo, este blog ten unha débeda enorme con outras persoas que aínda parecen seguir este espazo: a María, por eses tardíos pero (no meu caso) encantadores comentarios; a Natalia, polo esforzo demostrado, ademáis de polo feito de comentar ata os artigos máis antigos e esquecidos; e a Miguel, por aparecer... (aínda que últimamente estea desaparecido en combate, xD)

O recoñecemento non sería completo sen dar as grazas a todos aqueles que algunha vez se pasaron por este blog deixando instalada para sempre a súa pegada: Migui (o cal parecía que chegaría a converterse nun comentarista asiduo...), Jasoil, Marta, Oveyató, Phyteas... e coma sempre, aos anónimos sen identificar... xD

Por último, mención especial para o recordado Signore "S"...

Co desexo de que os seguidores vaian a máis...

O (im)perfecto

domingo, 12 de septiembre de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Resident Evil: Ultratumba

O 3-D está de moda, e a adaptación cinematográfica da saga de videoxogos "Resident Evil" creada en 1996 pola mítica Capcom apúntase á mesma, para así sacar un diñeiriño extra aos espectadores.
Nós, máis austeros e comedidos, fumos a vela nas dúas dimensións de toda a vida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

A primeira desta saga de zombies (xa se fixeron un total de catro sobre estes videoxogos) e a que nos ocupa neste artigo comparten director, Paul W. S. Anderson (director de outras pelis de acción máis ou menos coñecidas). A serbia-ucraniana Milla Jovovich volve a repetir o papel protagonista con respecto as anteriores adaptacións, Ali Larter (Obsesionada, Destino Final 2) repite con respecto á terceira parte (Resident Evil: Extinción), completando o cadro de reparto máis salientable, Wentworth Miller (da famosa Prison Break).
A sinapse é a que sigue: Alice (Milla Jovovich) continúa a súa viaxe na procura de supervivintes nun mundo arrasado por un virus que transforma aos humanos en non-mortos (o virus T). Así como a súa loita contra a Corporación Umbrella, responsable de expandir o susodito virus polo planeta. Tras meses sen atopar vida humana algunha, volve a encontrase con Claire Redfield (Ali Larter). De camiño hacia un refuxio seguro, crúzanse con máis supervivintes, e xuntos, fuxirán das hordas de mortos vivintes para acadar o ansiado destino, un lugar sen infección: Arcadia.
Conclusións: non é que a película sexa mala, simplemente é simple, valga a redundancia. A trama da mesma redúcese ao citado na sinapse e pouco máis: Alice chega onda os supervivintes, extranamente os zombies xusto ese día conseguen entrar ao edificio/refuxio/o que sexa onde están os tipiños, e líanse a tiros, ostias e fantasmadas varias cos zombies tentando fuxir cara o supostamente lugar seguro, tendo en conta a presenza de algún que outro bicharraco amorfo e aberrante, que claro está, aparece da nada; para darlle un pouco de diversidade á peli e tamén ter contentos aos fans da saga (eu non son un entendido, pero o bicho que sae nesta supoño que aparecerá nalgún dos numerosos xogos que hai).
Outro "cliché" destas filmes de acción son os personaxes, que máis que persoas normais son superheroes. Tanta flipadura réstalle emoción ao tema (os actores serán capaces de todo, incluso de salir indemnes dun accidente aéreo con explosión innegablemente mortal para calquera incluída, mentres que os secundarios caen como moscas cando aínda non tiveches tempo nin de facerte coas súas caras). Tamén é reseñable que as féminas parezan recien saídas dun salón de beleza cando están a sufrir unha apocalipse zombie (habería que contextualizar e caracterizar un pouco mellor aos personaxes, vale si... a roupa axustada mola pero non cadra, xD). Máis "clichés": o chamado "bullet-time" ou tempo bala, patadas e saltos imposibles, balas que se esquivan, o recorrido da cámara por unha escea en pausa, liortas donde os peores parados son as columnas e as paredes (que acaban as pobres.... xD) moi ao Matrix (se ata o malo leva gafas de sol escuras ao estilo do Axente Smith, xD).
Agora ben, o producto é entretido,a pesares dos escasos 80 minutos de duración. Por este motivo, dá a sensación de ser unha especie de preludio para unha nova triloxía, desta vez en tres dimensións, eso sí, máis cara (polo menos para os espectadores)
Detalles perturbadores da película (PRECAUCIÓN SPOILERS) subraiar co rato: ou incoherencias do guión. Por exemplo, o caso da bomba no avión do malo malísimo. Coa cantidade de aparatos voadores que aparecen en escea, ¿como é Alice capaz de adiviñar cal é o que vai a coller o seu nemesis?. Outro exemplo inquietante: se en verdade quedan pouco humanos libres de infección, deben traballar todos para a Corporación Umbrella, posto que mira que non cesan de aparecer. E iso contando tamén a infinidade de bases secretas e laboratorios que esta ten esparcidos polo mundo adiante.
Valoración final: como acostumo a decir nestes casos, unha película moi apropiada para pasar un bo rato...

O mellor: non haber gastado dez euros por ver esta película en 3-D.
O peor: volvome a preguntar, ¿cando unha peli de acción mostrará algo realmente orixinal?


O invulnerable

Nefilim


Da aparición dos Nefilim e da caída dos gardiáns...

Comezamos nos anos anteriores ao Diluvio Universal, cando o Ceo mandou unha armada de douscentos anxos (chamados gardiáns) a controlar as actividades da Creación. O guardián xefe, conta a lenda, recibía o nome de Semyaza: belo, autoritorio, a viva imaxe do comportamento anxelical. A pel branca coma a cal, os ollos claros e o cabelo dourado establecían o ideal de beleza celestial. Entre os que se estaban ao seu cargo atopábanse Arakiba, Rameel, Tamiel, Ramuel, Danel, Ezeqeel, Baraqel, Asael, Armaros, Batrael, Anane, Zagiel, Samsaveel, Satarel, Turael, Yomyael, Kokabel, Araqiel, Shamsiel e Sariel.
Os anxos movíanse entre os fillos de Adán e Eva sin ser vistos, tranquilamente nas sombras, escondidos nas montañas, onde a humanidade non poidera atopalos. Viaxaban de rexión en rexión cos movementos dos homes, e desta maneira descubriron as grandes civilizacións á beira do Ganges, o Nilo, o Jordán e o Amazonas. En silencio observaban, como era o seu deber, o comportamento dos homes.
Unha tarde, cando os gardiáns estaban reunidos no monte Hermón, Semyaza veu a unha muller bañándose nun lago. Chamou aos gardiáns ao borde da montaña e, xuntos, os maxestuosos seres contemplaron á muller. Foi entón, cando Semyaza suxeriu aos guardiáns que escollesen mulleres entre as fillas dos homes.
Asaltado pola ansiedade e consciente de transgredir as leis do Ceo e da Terra, reafirmouse no seu plan e dixolles aos seus irmáns: "As fillas dos homes deber ser nosas, si non me seguides, sufrirei en solitario o castigo por este gran pecado". O resto dos gardiáns fixeron un pacto con Semyaza e xuraron que sufrirían o castigo co seu líder.
Descenderon do monte Hermón e presentáronse ante as mulleres humanas. Éstas tomaron por maridos ás extranas criaturas e pronte quedaron encintas. Tempo despois naceron os fillos dos gardiáns e das súas esposas. A novas criaturas recibiron o nome de nefilim...
Os gardiáns observaban aos seus fillos mentres crecían. Viron que eran diferentes das súas nais e tamén diferentes dos anxos. As súas fillas eran máis altas e elegantes que as mulleres humanas, intuitivas e psíquicas, posuían a beleza física e a fortaleza dos anxos. Os nenos eran máis altos e fortes que os homes normais, razonaban con sagacidade e posuían a intelixencia do mundo espiritual. Como regalo, os gardiáns instruíron aos seus fillos no arte da guerra. Ensinaron aos varóns os secretos do lume: como encendelo e mantelo, a metalurxia (un arte perfeccionado polos anxos pero oculto á humanidade), o arte de convertir os metais en brazaletes, aneis e colares. O ouro e as pedras preciosas eran extraídas, pulidas e asignábaselles un valor. Os nefilim acumularon riquezas e atesouraron ouro e gran.
Os gardiáns ensinaron tamén aos seus fillos a diseñar ferramentas que os farían máis fortes que os homes, fundindo metais e forxando espadas. Comprendendo o poder destas ferramentas, os nefilim ocultaron arsenais. Cazaron e almacenaron carne. Protexeron as súas pertenzas con violencia. E houbo outros regalos, certos segredos celestiais:
- Baraqel ensinoulles astroloxía.
- Kokabel ensinoulles a ler os presaxios nas costelacións.
- Ezeqeel doulles o coñecemento das nubes.
- Araqiel instruíunos nas sinais da Terra.
- Shamsiel trazou o curso do Sol.
- Sariel debuxou os sinais da Lúa.
- Armaros ensinoulles a romper feitizos.
Con estos dons os nefilim organizáronse como unha tribu, armáronse e apoderáronse da Terra e dos recursos. Os nefilim dominaron a Humanidade.
Mentres eles gobernaban sobre a terra e os homes perecían, a Humanidade pediu axuda ao Ceo. Miguel, Uriel, Rafael e Gabriel, os arcanxos que observaran aos gardiáns dende que baixaran ao mundo, controlaban tamén o progreso dos nefilim.
Cando se lles ordeou, os arcanxos enfrontáronse aos gardiáns. Rodearon aos seus irmáns cun anel de fogo e desarmáronos. Unha vez derrotados, puséronlle grilletes e conducíronos a unha remota caverna no máis alto das montañas. Ao borde do abismo, cargados con pesadas cadeas, ordenouselles aos gardiáns que descenderan. Estes caeron ata que chegaron a unha prisión de oscuridade. Dende as profundidades lamentábanse polo aire, a luz e a liberdade que acababan de perder. Separados do Ceo e da Terra, esperando o día da súa liberación, rezaron polo perdón do Ceo. Chamaron aos seus fillos para que os salvasen. Pero Deus ignorou as súas súplicas. E os nefilim non acudiron.
O arcanxo Gabriel, mensaxeiro das boas novas, non puido soportar o tormento dos gardiáns, e nun momento de piedade, lanzou a súa lira aos seus irmáns caídos para que poideran apaciguar o seu sufrimento cun pouco de música. Mentres a lira caía, Gabriel douse conta do seu erro: a música do instrumento era seductora e poderosa. A lira podíase usar en beneficio dos gardiáns...
A razón pola cal os nefilim non acudiron á chamada de socorro dos seus proxenitores segue a ser obxecto da especulación...

¿Queres saber máis?
xD


O anxelical

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...