Boas!! hoxe volvo a ter a oportunidade de retomar unha vella sección que xa facía algún tempo que non realizaba, e dito sea de paso, un tipo de artigos dos que máis me gusta facer persoalmente (
esperemos... dos que máis vos gusten a vós...xD), e para máis inri cunha novidade...
Sei o que vistes... volve a escea esta semana, e por primeira vez, cunha crítica dunha película de animación (
digamos que Avatar non conta neste xénero... xD), como non, coa cuarta entrega e última (
bo é... xa era moito forzar) de Shrek...
Shrek 4: Felices para Siempre, ou
Shrek: El Capítulo Final (
non sei cal é o verdadeiro, eu vin os dous por ahí...xD)
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
A saga Shrek é unha exitosa serie de película de animación nacida no seo da famoso estudio de cine
Dreamworks (
haber dicideme cales destas non coñecedes...xD... artífices de coñecidos proxectos, a saber: as anteriores Shrek, Shrek 2 e Shrek Tercero; Madagascar 1 e 2, Bee Movie, Kung-Fu Panda, Ratónpolis, etc etc etc), recoñecidos principalmente polo súas películas animadas con personaxes "
desenfadados" e tremendamente divertidos, que a pesares de parecer nun principio enfocados para os máis cativos, fai que a meirande parte das veces sexan tamén totalmente aconsellables para os máis maiores. Este capítulo final foi responsabilidade de Mike Mitchell (
non sei quen é este director, pero tras un breve búsqueda da súa filmografía non topei nada salientable... porque Timecop, unha peli de acción dos 90 na que creo que sae Silvester Stallone, e Gigoló, as máis coñecidas, non teñen nada digno de mención, ¿ou?... xD).
A sinapse do filme é a seguinte:
Shrek pretende volver a ser o ogro que aterrorizaba a todalas aldeas polo que firma un contrato cun "
trampas" (
xD), no cal acordan que o desexo de Shrek se fará realidade sempre é cando él lle dea a cambio un día da súa vida, co conseguinte enredo de acontecementos, situacións divertidas e claramente, final feliz...
A curiosidade do filme: a idea orixinal das películas de Shrek está basada dun libro infantil ilustrado do mesmo nome, de
William Steig (1990).
Conclusión: nesta cuarta parte, a pesares de estar algo "
forzada" xa a saga, intentan facer unha especie de resumo das anteriores e dalgunha maneira dar por finalizada a saga, polo que existen numerosas referencias as películas anteriores (
incluso os créditos intercalan imaxes das 3 historias anteriores). Ao remate dos 90 minutos que supoño houbo de durar o filme o sabor de boca non é o esperado, dando a impresión de que esta última parte non foi capaz de cumplir as expectativas e dun proxecto, por decilo dalgunha maneira, "
mediocre". A causa claramente é que xa era moito forzar a serie de Shrek. Si, a peli é divertida, coas "
coñas" marcas da casa, co mítico momento do Gato con botas (
coa voz de Antonio Banderas, claro) poñendo ollos de cordeiro degollado (
das películas de Shrek que fun ver ao cine, neste intre toda a sala escacha a rir... si, por riba deles, oese a risa de María, xD)... pero, persoalmente creo que non foi o que esperaba.
Valoración final: parece unha película feita para saír do paso e feita simplementa para dar remate a unha saga fílmica de animación... eso sí, divertida...
O mellor: a escea nomeada anteriormente do Gato con Botas (
desta vez cebado como unha vaca...xD) e o personaxe do neno mimado con voz de home (
xD)
O peor: a sensación de decepción que che queda ao saír do cine...
O animado