Unha nova adaptación dun personaxe ou heroe, neste caso, dun videoxogo, ou máis ben dunha saga de videoxogos polo que non está de máis supoñer que coa consabida e necesaria recaudación desta primeira parte se vaian a facer novas entregas deste filme.
Prince Of Persia: Las Arenas del Tiempo.
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Dirixida por Mike Newell, Prince Of Persia, conta no seu reparto coa presenza de bos actores, insólitos neste tipo de largometraxes: Jake Gyllenhaal (sobradamente coñecido pola súas interpretacións dun marine frustrado en Jarhead, e no papel do vaqueiro Jack Twist na fenomenal Brokeback Mountain de Ang Lee), como o príncipe Dastan; Ben Kingsley (veterano nesta sección, presente na xenial película de Scorsese, Shutter Island), como Nizam; e Gemma Artenton (de moda últimamente, ao estar presente no reparto doutro filme exposto nesta sección, Furia de Titanes), no papel da princesa Tamina.
O príncipe Dastan (Jake Gyllenhaal) debe unirse á princesa Tamina (Gemma Artenton) para salvagardar o poder dunha daga capaz de liberar as areas do tempo, que permiten ao seu portador invertir a dirección inexorable do tempo, facendo que unha batalla perdida poida tornarse en gañada, ou permitindo incluso predecilos movementos do inimigo; ao tempo que intenta limpalo o seu nome ao ser acusado do asasinato do rei, seu pai; e ofrecer probas e convencer ao pobo persa da traizón do seu tío Nizam (Ben Kingsley).
Conclusión: a pesares do meu omnipresente escepticismo sobre as adaptacións ao cine de personaxes de videoxogos, incluso de cómics ou libros de ficción, e supoño que, coa axuda da "todopoderosa" Disney (a inexistencia de problemas de financiación ás veces sustituen certas carencias no cine, supoño) esta, en concreto, non está mal feita. Eu, (friki), xogador das tres entregas deste videoxogo poiden ver certos aspectos referentes á estética, á ambientación, ao carácter, e incluso a certos "movementos imposibels" do príncipe do xogo da consola. Tamén hai que decir (e aquí reside o maior problema destes filmes ou "adaptacións ao cine") que para min a película ten bastante pouco que ver coa historia que se vai desenrolando no videoxogo, un guión totalmente novo (creo) que simplemente utiliza o nome dun producto (quen di producto, di personaxe, novela, cómic, videoxogo neste caso...) para crear maior publicidade arredor dun proxecto audivisual. Un gran punto a favor, as xigantescas e fermosas recreacións das cidades/xardíns persas, onde a tecnoloxía dos efectos especiais os deixaron calcados aos do videoxogo.
Valoración final: cada espectador é un conxunto de gustos e preferencias do máis variado, pero, sempre e cando non sexas un inimigo exacerbado destas pelis lineais e típicas de acción, que sabes que sempre acaban ben, é totalmente aconsellable de ver para pasar un rato (bue... un bo rato xa que por veces facíase algo longa) entretido.
O mellor: a ambientación e a correcta adaptación do príncipe persa.
O peor: certas incoherencias históricas, algún que outro gazapo que poiden vislumbrar (é de supoñer que tras unha tormenta de area no deserto, aínda que te resgardes debaixo dunha tenda, ao amainar esta, a tenda debería estar algo cuberta de area, ¿non?, pois en Prince Of Persia non...xD) e o aburrimento en certas partes que crean a percepción dunha película algo longa...
O principesco