Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 28 de abril de 2010

¡¡Novo vídeo de Rammstein!!

Bue... xa supoñedes que agora teño tempo, estou ocioso e ademáis me aburro bastante (...xD) e despois deste inexplicable baixón blogueiro dos último días, coa baixa producción de artigos (e de comentarios máis ou menos puntuais) comezo cun artigo pequeniño de pouco contido en canto a prosa e a elementos multimedia.
Vin navegando pola rede que a banda Rammstein (do cal existe neste blog un Domingo de Rock adicado completamente a este grupo alemán) sacara un novo vídeo e tras revisar os comentarios do anterior artigo reseñado entre parénteses, descubrindo que máis ou menos as opinións acerca dos seus videoclips van do simple "gustanme moito os vídeos" a outros comentarios máis... efusivos "os videoclips son unha pasada, innovadores e distintos", vou subir a este meu blog o subsodito, Haifisch (en castelán, Tiburón).
Creo polo que vin que versa sobre o suposto e "raro" funeral do cantante, tras os numerosos intentos dos diferentes membros da banda de intentar asasinalo (ofrecendo finais alternativos e ocultos da maioría dos videoclips da banda), ironizando ao mesmo tempo sobre as malas relacións dos mesmos músicos. Para añadir un punto máis de complexidade a letra da canción trata de todo o contrario, de manterse unidos.
A min gustoume, bah...


[A letra non está dispoñible, tiven que cambiar o video, puto youtube de merda... non sei que de dereitos...]

O celebérrimo

Grazas

Nada, simplemente agradecer aos blogueiros (tanto femeninos coma aqueles que cesaron as súas actividades blogueiras, ¿por qué Signore?; pasando polo Señor da Z) e aos demáis visitantes/comentaristas/opinadores/compañeiros e amigos que nos últimos días se preocuparon pola miña saúde e polo estado dun dos meus membros inferiores.

Moitísimas grazas por preocuparvos!!! non facía falla...


O descalabrado

viernes, 16 de abril de 2010

Covers 2

Seguimos coa febre dos Versus!!! e así de paso retomo esta "sección" tamén esquecida...
O Señor da Xe recordalle as regras gustosamente...
Regras do artigo:
- Na 1º parte o visitante debería escoller (se quere) entre cal lle parece a mellor entre: a canción orixinal e o cover ou versión feita por outro grupo.
- A 2º parte é simplemente contemplativa, aínda que perfectamente comentable.

Comezamos...
"Entre Dos Tierras" de Héroes Del Silencio

por Skizoo


"House Of The Rising Sun"
de The Animals

por Muse


"Won't Get Fooled Again"
de The Who

por Van Halen


-------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda...

"What A Wonderful World"
de Louis Armstrong por Joey Ramone


"Wannabe"
das Spice Girls por Red Hot Chili Peppers


Non digades nada...
"Maldito Duende"
dos Héroes Del Silencio por Raphael



Á espera de recuperar o anterior esplendor...
O indefectible

sábado, 3 de abril de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Furia de Titanes


¡¡Canto tempo!! Por mor da miña falta de ideas, hai días que non publico nada no meu blog pero, aproveitando que houbemos rachado coa rutina de 3 ou 4 semanas sen pisar un sala de cine (por diferentes e variados motivos) aproveito para retomar esta antiga sección que comezaba a acumular pó nun recanto escuro deste espazo.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Furia de Titanes é un remake dunha pelicula de 1981 co mesmo nome, basada no mito grego de Perseo (Sam Worthington) dirixida por Louis Leterrier. Nado Deus pero criado como un home, Perseo é incapaz de salvar á súa familia adotiva de Hades (Ralph Fiennes), deus vingativo do Inframundo. Sen nada que perder, Perseo ofrécese voluntario para liderar un grupo de audaces guerreiros nunha peligrosa misión para derrotar a Hades antes de que poida facerse co poder do seu verdadeiro pai Zeus (Liam Neeson), e desatar o inferno na Terra. Como era de esperar a película ten final feliz.
Conclusións: sinceramente, o filme decepciona bastante, salvándose os paisaxes ou a música, o resto parece a típica película de acción lineal, sen argumento, diálogos baldíos e totalmente predecible. Aínda que se agradece (polo menos pola miña parte) a explicación da orixe dos distintos monstros e seres mitolóxicos e o feito de haber mantido máis ou menos "intactas" cada unha das lendas que se refiren na película; as esperadas aparicións dos monstros máis temidos, o Kraken e a Medusa (se alguen descoñece a que me refiro non duden en visitar os artigos de mitoloxia deste blog), non cubren as expectativas debido ao seu desenlace "demasiado" rápido, ao igual que a loita con Hades (un visto e non visto e o malvada Deus xa está de volta ao seu reino subterráneo). Tamén se pode destacar que a utilización do formato visual 3D neste filme é practicamente "inútil", pois supoño que sen gafas apenas se houbera notado a diferenza (non sendo así no prezo da entrada, xD). Poderíase haber feito moito mellor, é a miña conclusión.
Valoración final: se te moven as pelis de acción, ou dependendo do teu nivel de "frikismo" nestos temas (o que me moveu a min a ver esta pelicula foi simplemente a temática completamente mitolóxica) non desenrolarás ningun trauma nin enfermidade de tipo algún se osas ir a vela. Eso si, nunca en 3D (aínda que vostede, querido lector, pode facer cos seus caudais o que mellor lle pareza).

O mellor: para min, a mitoloxía (un tema que sempre me gustou)
O peor: non ofrece nada novo aos espectadores (¿chegará alguén a crear cine de acción novedoso?)

O titánico

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...