Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 14 de junio de 2012

A inspiración.... esa gran descoñecida (parte II)

¿Sabias que...?
"Yesterday" é unha canción coñecidísima do grupo británico The Beatles, grabada en 1965. Segundo o Libro Ginness dos Récords, a susodita é a canción con máis transmisións na radio en todo o mundo, con máis de 6.000.000 de emisións nos Estados Unidos. Ao mesmo tempo é a canción máis versionada na historia da música popular con máis de 1.600 interpretacións diferentes. A Broadcast Music Incorporated (BMI) afirma que no século XX, o tema foi interpretada cerca de 7 millóns de veces.

Aínda que normalmente se lle atribue a súa autoría a John Lennon e Paul McCartney, McCartney a compuso de maneira independiente. Segundo os seus propios biógrafos, e da banda, compuso a melodía completa nun soño que tivo na casa da sua moza Jane Asher e a súa familia en Londres. Ao despertarse foi rápidamente ao piano, puso en marcha a grabadora de cintas e tocouna. Ata aquí a versión oficial.

O ex-colaborador do conxunto, Tony Sheridan, aporta novas informacións a tal reveladora epifanía informando dun paso previo, certa parada realmente importante.
"En el piso de su entonces novia, Jane Asher, Paul McCartney soñó una noche de 1964 la melodía del siglo. A la mañana, cuando estaba sentado en el baño, la cantó en voz baja".

¡Si señor!, ¡Paul McCartney compuso "Yesterday" mentres estaba no excusado!.

Segundo Sheridan, foi o propio Paul quen lle contou fai anos esta versión dos feitos, e añade:

"En su versión original, 'Yesterday' llevaba como título 'Scrambled Eggs' ('Huevos Revueltos'), porque la chica de McCartney se encontraba preparando en ese momento el desayuno".
"No obstante, el tema fue finalmente cambiado a como es conocido hoy en día pues se prestaba más para las rimas", añadiu.

Logo desta anécdota canto menos curiosa, vos deixo que disfrutedes de tan (¿escatolóxica?) pracenteira melodía.



O benemérito  

Personaxes históricos, e o seu lado escuro

A miña intención non é ser pretencioso, nin sensacionalista nin nada polo estilo, nin tampouco fun quen de corroborar as informacións que relatarei a continuación (seguramente sexan rumores sen aclarar ou incógnitas históricas, ou mesmo sexan falsedades de calquera índole), simplemente me pareceu curioso, polo que me apeteceu compartilo con vós.


Cleopatra VII

A lendaria raiña de Exipto tivo unha accidentada vida amorosa, a cal comezou cun incesto: o primeiro marido da mesma foi Ptolomeo XIV Dionisio, o seu irmán.






Walt Disney

Comulgaba co ideario da extrema dereita, era racista, antisemita e sexista. Consideraba que todolos movementos laborais eran de orixe comunista e se servía de medios gangsteriles para controlalos.



Charles Darwin

Aínda que moitas das evidencias se ocultaron, sábese que o autor de El origen de las especies padecía a enfermedade mental coñecida como trastorno obsesivo-compulsivo, caracterizada por ideas recurrentes e terribles que non poden controlarse, e conductas repetitivas e absurdas que o individuo non pode deixar de facer.

  

Isabel I de Inglaterra

A raiña de Inglaterra era unha muller de trato rudo e groseiro, escupía nas vestimentas dos cabaleiros cando non lle resultaba agradables, golpeaba ás damas da súa corte, bebía cervexa no almorzo e, cando comezou a envellecer, destruiu todolos espellos do palacio para que non lle revelaran os estragos do tempo.

 
Karl Marx

Un dos máis feroces críticos da burguesía e a explotación do proletariado, embarazou á súa sirventa, Helene Demuth, con quen tivo un fillo. Pediulle ao seu amigo e colega Friedrich Engles que asumira a paternidade deste.
 



Napoleón Bonaparte

Aínda que o seu trato podía ser amable e encantador, era impío cos seus inimigos. Por non alimentar a 3.000 prisoneiros turcos en Jaffa, prefireu executalos. Tiña nulas consideracións cos seus propios homes cando caían enfermos.



O apócrifo

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte III (e final): Debate aberto: O "stand by" do Señor da Xe

Como realmente esta serie de artigos foi concebida coma unha triloxía de cousas (realmente hobbyes do Sr. da Xe) que parecían non mostrarnos nada novo baixo o Sol (descubro inútilmente o significado do título) nunha serie de considerables e animosos debates; me dispoño a cerrala con maior ou menor acerto e decoro, coa obrigada seguinte cuestión, a cal é ao mesmo tempo a principal, ¿está o blog do Señor da Xe nas últimas?.
Recapitulando rápidamente, e recordando emocionado a orixe desta aventura cibernética, anhelando aqueles entusiasmados comezos nos que ata catro blogueiros (sempre no recordo o desaparecido, no ciberespazo soamente, Il Signore S) se esforzaban por traer á xente novos, interesantes e orixinais, ¿por que non?, artigos; sempre acompañado dos altibaixos (referentes á elaboración de material novo) propios da preguiza dominante no editor, pensador e responsable deste blog (eu), con, sexamos xenerosos, 10 seguidores en maior ou menor medida asiduos, ata chegar ao recente "stand by" intelectual (¿por que non? de novo) e creativo, no cal apenas conservamos 3 comentaristas. Que quede claro, esto non é unha obligación, no caso de que o número de comentarios baixen e queiramos buscar culpables, non temos máis que mirarnos a nós mesmos.
Non sei, a pesares de que esta terceira parte fose concebida para animar aquel receso ou cese de artigos publicados nun momento dado, e que pareza recuperada a ansia de antes neste administrador polos últimos títulos sacados á luz, e que quizais fosen demasiadas ambiciosas as miñas propias pretensións en canto a este sitio web (ben é certo que se un non se dá a coñecer malamente imos, aínda que tamén é verídico que houbo xente que entrou a comentar unha vez e non volveu, polo que seguramente o producto non haxa sido da suficiente calidade; bueno, me perdo...), ¿pode o Señor da Xe ser de novo un espazo, polo menos, máis visitado e comentado?, ¿vale a pena que a miña persoa intente aparecer máis a miudo con novos artigos?.

¿Vos que opinades?





O aciago

miércoles, 6 de junio de 2012

Artigo friki...

... e escueto e insustancial tamén.

Ao parecer nos campos de Namibia, nazón situada no noroeste de África (bah, xa sei que todos o sabiades, só o quería apuntar) apareceu esta misteriosa esfera metálica, presuntamente proveniente do espazo. As autoridades locais se apresuraron a contactar con expertos da NASA e da Axencia Espacial Europea para analizaren o estrano obxeto.

No blog do Señor da Xe temos máis que clara a explicación (e a orixe) deste misterioso artefacto....


Siiiiiiiii!!!! os guerreiros do espazo nos visitan por fin!!!!!



O demente 

jueves, 24 de mayo de 2012

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte II: Debate aberto: ¿está morto o Rock?


É unha sensación rara, non sei se a vós vos pasa, unha especie de sentimento de deja vu cada vez que escoito algún grupo novel, un pensamento que raia unha idea na miña cabeza:¿esto xa o teño oído, non?, polo que a seguinte cuestión é obrigada, e é a principal, ¿está realmente morto o Rock?
Pasamos prontamente da voráxine de nomes e "artistas" que tal como nace se esquecen nos outros estilos máis comerciais que o que nos ocupa, incluso sen pararse a comentar ese consumismo musical, ese canibalismo musical que parece rodear ao pop, ao rock-pop (polo menos o que se entendo por esto aquí no Estado) ou ao reggaeton (si señores, me digno a nomealo como estilo), esa imperiosa necesidade de escoitar (raiar mellor dito) ata a saciedade un tema, esa canción que está de moda dende hai un par de días, pero que en... cinco minutos o deixará de estar, xa que outro "artista" sacará outra igual, pero "mellor" para lanzarse a incluíla en todolos aspectos da vida da xente que nunca pretendeu escoitala. Pasando realmente deste tema, existe a manida pregunta sobre se este estilo acadou realmente os límites da súa propia inspiración e as cotas de inmortalidade dos grandes clásicos impiden que no mesmo século XXI se creen pezas atemporais.
Pasemos (moito máis lentamente, disfrutemos un pouco) tamén do que este estilo abarcou, ou simbolizou, máis alá do movemento liberatorio e alternativo (cultural, en definitiva) que infundiu (e que sempre desearei haber vivido), centrémonos no Rock (e no Heavy Metal, e no Thrash, e no Power.........) como estilo musical, centrémonos na orixinalidade das letras, dos sons e das melodías, ¿está realmente todo inventado?.
Botemos a vista atrás por un momento, de forma moi simplista e rauda: EEUU, certas comunidades afroamericanas crean o blues, con toda premura a xente se dá conta de que algo diferente hai nesta nova forma de facer música e creamos o rock & roll, na súa maneira máis pura e limpa, pasan os anos, lle damos potencia e agresividade ao estilo e creamos o Heavy Metal, o aloucamos e lle damos velocidade e temos o Punk, agora incluímos riffs máis pesados e cortantes e o Thrash Metal asombra ao mundo, con épica e guitarras máis veloces disfrutamos do Power Metal, logo se nos dá por seguir experimentado e comezamos a fusionar uns e outros con estilos máis ou menos acertados coma o rap, e aquí se nos empeza a ir un pouco a pinza, ata hoxe, onde todo parece estancarse, nunha era na que idolatramos a aqueles que se asentaron en lexendarios tronos para nunca máis volver a erguerse deles, e na cal buscamos ser os primeiros en descubrir a nova gran banda.
Nun mundo no que a todo nos gusta poñer etiquetas, normalmente sen pararnos a pensar se realmente merecen un ou outro título, acumulamos grupos e grupos que acaban por decepcionar esperando atopar á nova banda máis peligrosa do mundo, como se denominara a uns primeirizos Guns N' Roses; artistas, músicos e cantantes, á procura da mellor voz do negocio, como se deu en denominar a Steven Tyler (Aerosmith) ou excelentes e sempiternas formacións coma os The Who ou Led Zeppelin.
Dende a máis sagrada e autodestructiva esixencia instaurada polos amantes rockeiros, superando a tendencia á futilidade de culturas musicais máis poperas, ¿hai cabida para a esperanza?, é certo tamén que  actualmente existen moi boas bandas (con grandes, virtuosos e ben formados músicos) e moi bos discos, pero... ¿acabaranse por descubrir a uns novos Maiden?, ¿uns parellos Black Sabbath removerán o planeta de novo?
¿Vos que opinades?



 O resolto

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...