Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 29 de enero de 2010

Covers

Unha canción versionada ou unha versión (ou o anglicismo cover) é unha nova interpretación (en directo ou nunha grabación) dunha canción grabada por outro artista diferente ao que a interpreta.
Ao estilo dos Versus do Señor da Z (ver blog do señor da Z) e máis ou menos parecido ás Baladas do Rock deste mesmo blog, este novo artigo consiste en decir cal das dúas cancións vos gusta máis, se a orixinal ou a versión feita por outro grupo (e na maioría dos casos levada ao éxito por estes últimos...vaia putada,¿non?), e que a miúdo soe ser ben máis coñecida que a inicial. En principio intentarei que sexan cancións do Rock versionadas por outros artistas ou bandas tamén de Rock.
¡Nada de empate! xD

"Another Brick In The Wall" de Pink Floyd

por KoRn


"Knockin' On Heaven's Door" de Bob Dylan

por Guns N' Roses


"The Man Who Sold The World" de David Bowie

por Nirvana

-----------------------------------------------------------------------------
Ademáis agregóvos unhas cantas versións máis, que canto menos son... curiosas... Espero que vos guste...

"Eloise" de Tino Casal por Stravaganzza


"Oops!... I Did It Again" de Britney Spears por Children Of Bodom


"Can't Take My Eyes Off You" de Gloria Gaynor por Muse


O inimitable

miércoles, 27 de enero de 2010

Baladas do Rock 3: do Heavy Metal e do Thrash

Os máis duros tamén teñen corazón...
Terceira entrega de baladas (de a saber cantas) de Rock, desta vez de grupos máis que coñecidos (e algúns dos máis importantes), que polo estilo que tocan (Heavy Metal e Thrash Metal) non soen ter baladas no seu repertorio musical, pero os "poucos" exemplos que existen son moi boas...
Velaí van algunhas...

"Wasting Love" de Iron Maiden


"The Unforgiven" de Metallica


"A Tout Le Monde" de Megadeth


----------------------------------------------------------------------------------
Por outra banda...

"Goodbye To Romance" de Ozzy Osbourne


"Angel" de Judas Priest


"In This River" de Black Label Society

(Zakk Wylde dedicoulle esta canción ao seu gran amigo Dimebag Darrell, ex-guitarrista de Pantera e Damageplan asasinado a tiros durante un concerto, un feito que conmocionou ao mundo do Rock)

Asi que este artigo vai adicado á memoria de Dime alá onde estea...




O incomparable

sábado, 23 de enero de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: La Herencia Valdemar

Dividamos este artigo en dúas partes:

1º) "Curiosidades" do filme (para os amantes da literatura, da historia e do cine, ou para os curiosos por natureza): antes de pasar a miña "elaborada" crítica da "película", e para non facer un artigo de só dúas liñas... La Herencia Valdemar está basada nunha historia de H.P. Lovercraft, famoso escritor estadounidense de novelas e relatos de terror e ciencia ficción; que conta no reparto con Paul Naschy, famoso por facer o papel de Frankenstein e o de Home Lobo en numerosas ocasións alá polos 60 (un pésimo actor por certo). Na "historia" aparecen dous controvertidos personaxes do século XIX: Bram Stroker, o polémico (e coñecido) escritor de Drácula; e Alesteir Crowley (o menos coñecido), un suposto bruxo negro (moi famoso no mundo do rock, por servir de inspiración a un tema de Ozzy Osbourne, Mr. Crowley; e pola "obsesión" do guitarrista Jimmy Page por este personaxe, chegando a mercar unha mansión na que vivía dito individuo)...

2º) Conclusión: creo que sacaba máis beneficio tirando os cartos da entrada na beirarrúa, así polo menos alguén con máis sorte ca min os toparía...
Valoración final: pura basura...

O mellor: que se non houbera ido ao cine, ao mellor atropelábame un coche ou eu que sei...
O peor: que ten 2º parte (a cal por certo non gozará da miña digna presenza)



O férreo Señor da Xe

Concerto HAMLET+Infernoise

O último sábado 16 de Xaneiro poidemos disfrutar dun conciertazo, que nos levou (aos blogueros de xénero masculino) á Sala Capitol (Santiago de Compostela) para ver a Infernoise, xunto con (sobre todo) a Hamlet, na xira conxunta de ambas bandas na presentación do último disco destes últimos: "La Puta Y El Diablo". Como en todo concerto o primeiro turno é para os teloneros. Infernoise é unha banda madrileña formada por catro descoñecidos: Rown Holland (vocalista), Scorpion (baixo), Nitro (batería) e Ix Valieri (o máis coñecido dos 3, ex-Ángeles del Infierno, e guitarrista de 037, o grupo de Leo Jiménez)... Non teño moito que comentar sobre eles, un grupo de metal normal, que apenas levantou os ánimos na sala (a eterna maldición dos teloneros), ademáis que era un completo descoñecido para nós e cantaban en inglés. Bueno, por comentar algo, que o Ix Valieri ese non é mal guitarrista, incluso sorprendeu á plebe cun solo de guitarra tras outro (incluído un cos dentes como o inmortal Hendrix, salvando as distancias).


Agora si, era o momento, as nosas pernas levaronnos irremediablemente ata o borde mesmo do escenario, pois era a hora de Hamlet. Non sei que teñen estes tipos!!! Persoalmente, é a quinta vez que os vexo (na Estrada, no primeiro Inferno Rock; na Capitol en Santiago, na xira do "Pura Vida" e no seu 15º aniversario; e no Multiusos de Sar, no Rock na Ascensión o ano pasado) e só teño que dicir que é unha banda que en directo non decepciona para nada, Molly todo o concerto dun lado para o outro, saltando, berrando, e animando ao público (sobre todo ao feminino, que tipo!!!) e o resto de músicos perfectos: Álvaro, profesional; Alberto e Luis, totalmente compenetrados, saltando, animando e facendolle caso á xente (cousa que Molly non fai, exceptuando ás féminas, claro) e Paco, como o mellor director de orquesta. Esta gran actuación comezou coa primeira canción do disco que presentaban: El hábil reino del desconcierto, seguidas de outras do mesmo álbum e da súa extensa carreira: Al Lado, Para Toda Una Vida, Imaginé, Muérdesela, El Traje Del Muerto, Ceremonia T.V., Egoísmo, No Me Arrepiento, Tu Medicina, En Mi Nombre... (o orde non me acorda para nada, xD) ...Denuncio a Dios...

...Dementes Cobardes...

Para acabar o concerto con J.F. (Jodido Facha), Siete Historias Diferentes e Limítate (coa que soen acabar todos os seus concertos últimamente), para a cal desta vez contaron coa colaboración de Infernoise para amenizar esta última canción, coa guitarra de Ix Valieri e a voz do vocalista telonero, convertendose aquelo nun gran final, o mellor que vin en todos os concertos aos que tiven a sorte de asistir...



O inexorable Señor da Xe

jueves, 21 de enero de 2010

Discos imprescindibles III

Cambio de formato:

Iron Maiden - "A Matter Of Life And Death" (2006)
A proba de que Maiden segue na cumbre do heavy metal


-----------------------------------------------------------------------

Judas Priest - "Nostradamus" (2008)
Unha gran obra conceptual sobre a persoa do profeta francés Nostradamus.


-----------------------------------------------------------------------

Hamlet - "Syberia" (2005)
O álbum máis lento e melodioso da carreira deste grupo español




O ínclito Señor da Xe

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...