Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 9 de enero de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Ahora los Padres son Ellos


A verdade é que este último venres das persoas que me acompañaban cando fumos a ver esta película ao cine non creo que nadie comente este artigo, ou ben porque xa hai "milenios" que non pasan por aquí e outros que a pesar da miña insistencia para que visiten este espazo nunca deixaron constancia dos seus comentarios; pero bueno, me aburría e me apetecía volver a facer un artigo desta sección...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

...E xa van 3!! No inquebrantable "hobbie" de Hollywood de crear (e posteriormente explotar) franquicias de cine, tempo tardaron en facer o que mellor saben con esta en particular. Primeiro foi 'Los padres de ella', logo do éxito colleitado, a obrigada segunda parte (con título totalmente intuitivo), 'Los padres de él'...¿e agora?: 'Ahora los padres son ellos'.
[Todo isto é para deixar constancia da "orixinalidade" dos títulos, e sobre todo das respectivas traduccións dos mesmos nos distintos países (que a veces manda truco...) que a miúdo gustan de brindarnos dende a Meca do Cine]
Esta última parte (eso espero, xa que despois de pensalo un anaco tampouco sabería que título lle ían poñer: 'Los padres de él y los padres de ella están muertos y ahora ellos son abuelos'... non sei, non ten saída comercial, me parece... xD) é "obra" dun tal Paul Weitz (que tras unha breve ollada das súas pelis e xa que falamos de franquicias de Hollywood é tamén director dunha tal 'American Pie', da que non entendo que sigan a sacar partes... pequena visita na rede e descubro que xa van... redoble... oito!!! eso si, sacadas directamente en dvd) do cal non teño nada que comentar (as dúas precuelas comparten director, pero descoñezo o motivo polo cal non o é tamén desta terceira)
A sinapse é a de sempre, a mesma da das outras, Greg Focker, en España, Greg Foller (Ben Stiller) segue a enfrontarse aos enormes atrancos que o seu sogro Jack Byrnes (Robert de Niro) segue a poñer á relación do primeiro coa súa filla. O resto do plantel o completan: Jessica Alba, Owen Wilson (o cal non me fai nin chista de graza... non sei porque lle teño tanta "tirria" a este tipo... é pésimo. xD), Dustin Hoffman e Bárbra Streisand, entre outros...
Conclusións: os adxectivos predecible e simple viñan ao pelo nesta crítica, pero sendo benevolentes, vou a confesar que un par de risotadas aínda se me escaparon; a verdade sea dita grazas únicamente aos veteranos actores do reparto: De Niro (un pedazo de actor), o cal o teño visto nalgunha outra comedia, me gustou sempre nesta "triloxía", demostrando o que é, un actor completo e cunhas interpretacións moi moi dignas de mención (home non, non lle imos a dar un Óscar por esta interpretación... xD) e Hoffman (que parece que se lle dá ben iso de facelo ridículo, tamén tremendamente divertido... xD). O dito, para min, as "vellas glorias" salvan a película, que si, é entretida, pero a peor das tres que se fixeron (tamén se pode escoller o malo entre o peor, ¿non?). O caso de Ben Stiller é máis doado de explicar: só vale para esto, para as comedias familiares...
Remato ás miñas conclusións dicindo que se este "producto" cobrou vida se debe a esa recurrente aficción que Hollywood tivo sempre de explotar ata a saciedade títulos de éxito, sempre independentemente da súa calidade (tanto interpretativa como de producción).
Valoración final: ao anterior párrafo me remito, entretida pero innecesaria terceira parte...


O mellor: que a película é máis do mesmo...
O peor: que a película é máis do mesmo...


O altruísta

De colleita propia... (arrasada por unha plaga de langostas)

Esto son retazos dunha falta de inspiración sen precedentes, froito dunha mente máis adolescente e infantiloide que hogaño; unha burda farsa, unha inflexible pantomima nun estéril intento por enganarse a un mesmo de que firmemente posuo un talento do que manifestamente non gozo, un exemplo de ridiculez, e o espectro dunha oda sen rima, nin ritmo, adicada a unha persoa anónima, irreal, imaxinaria e inexistente que nin tan sequera precisaba de tan toscas palabras de loa.
Non, non é un arranque de orixinalidade, é unha exaltación das miñas virtudes... xD
Foi plantar unha semente de temeridade e ordinariez, e isto foi o que saiu da colleita propia...

"Libérate de las formas,
quema las ataduras
y declara la libertad.
Olvida antiguos códigos morales errados.
Busca en tu interior la respuesta,
eres tu mejor consejera.
Grita al cielo
que no tienes miedo,
ni dueño.
Entrégate, en alma y cuerpo.
Rompe las cadenas que asfixian la dulce expresión de los sentimientos.
Regala besos a raudales.
Conoce tu destino,
y abrázalo con fuerza.
No anheles un paraíso,
tenlo presente.
Defiende tu legado.
Sé un ave brillante,
o un ángel aguerrido.
Aléjate de la niebla, la duda, el tedio y del falso cariño.
Aproxímate sin vacilar al edén,
a sonrisas esperanzadoras y a los gratificantes sueños.
Tiende tu mano.
Hazte compañera del amor,
e íntima del deseo.
Llena el vacío de tus suspiros...
Solo te pido,
guardiana de mis secretos,
resurge si caes
o sin ti estoy muerto..."


O silente

miércoles, 5 de enero de 2011

A película de ciencia ficción máis absurda da historia do cine...

Segundo a NASA (sabemos o que é, ¿non? xD) esta é a película de ciencia ficción máis absurda da historia do cine, con razón me desquitaba eu a gusto na miña mordaz crítica:

http://osenhordaxe.blogspot.com/2009/11/sei-o-que-vistes-o-ultimo-venres-porque_27.html

Coma se fose moi difícil de ver, pero bueno, eles o fan en canto á fundamentos científicos...

Tamén destacaron polas súas incoherencias científicas e absurdeces: 'Armaggedon' (Bruce Willis, Ben Affleck e uns amigos que van destruir un meteorito que se acerca á Terra) e 'The Core (El Núcleo)' (uns jichiños que viaxan ao centro da Terra e cunhas bombas pretenden restablecer a rotación do núcleo do noso planeta)

De feito, nesta reunión (que tamén mira que traballan estos da NASA, xD) tamén pediron aos cineastas de Hollywood que recurriran a tramas máis racionais e realistas á hora de realizar as súas películas.
Non caerá esa breva... xD


O negado

martes, 21 de diciembre de 2010

...


Non queremos que nadie atente contra o noso dereito de expresión, e de sempre a censura nos parece aberrante, por todo iso, e máis que nada porque este problema tamén me atañe a min...

¡¡¡NON AO PECHE DE PÁXINAS WEBS!!! ¡¡¡NON Á LEI SINDE!!! e sobre todo, ¡¡¡NON Á CENSURA!!!


O zaherido


Para máis información: red-sostenible.net

sábado, 11 de diciembre de 2010

A inspiración... esa gran descoñecida

¿Sabías que...?


Hai corenta anos (1970 para os analfabetos e para os que lles amargue facela conta da vella... xD), a mítica banda Black Sabbath lanza ao mercado un disco, de título 'Paranoid', un traballo cunhas cantas curiosidades e anécdotas...

Primeiro, o disco íase a chamar 'War Pigs' (como unha das cancións do disco), pero debido ás datas coa guerra de Vietnam presente, decidiron cambialo.

Segundo, a portada do disco estaba pensada para o título 'War Pigs', cambiaron o título pero non se molestaron en cambiala portada (e ahí a pouca relación...)

Terceiro, e máis curioso, en canto á creación da canción do álbum que ao final sería a que poría título ao traballo, deslúcese das palabras do batería da banda Bill Ward:

"Paramos para comer y cuando volvimos al estudio nos dijeron que no teníamos suficientes canciones y nos pidieron una más. Tony [Iommi] comenzó a tocar el riff de Paranoid. Yo me senté en la batería, Ozzy cogió su micro, Geezer se colgó el bajo y empezamos a tocar. Lo que escuchas en el disco es, literalmente, una canción compuesta en… ¡25 minutos!".

O colmo da vagancia, crear un himno do rock en menos de media hora (¿cantos aínda estarán intentando crear o seu? xD)




O abúlico

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...