Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 17 de mayo de 2010

Ata sempre, Dio


Non puido ser, despois dunha loita de seis meses contra ao final venceu o "dragón" e Ronnie James Dio (1942-2010) faleceu onte, 16 de Maio, vítima dun cáncer de estómago. Este pequeno gran home deleitounos cos seus últimos shows na xira de Heaven And Hell o pasado ano.
Foi entonces cando lle diagnosticaron a fatal enfermidade e tivo que retirarse dos escenarios temporalmente, sempre coa convicción de que podería librarse e gañar esa dura batalla.
A muller de Dio publicou o seguinte comunicado na páxina web do cantante:
“Hoy mi corazón se ha roto. Ronnie dejó de existir a las 7:45 de la mañana de este 16 de mayo. Muchos, muchos amigos y familiares pudieron darle el adiós en privado antes de que falleciera tranquilamente. Ronnie sabía cuán amado era por tantas personas, por ello valoramos el amor y el apoyo que todos ustedes nos han dado. Por favor dennos algunos días de privacidad para lidiar con la terrible pérdida que hemos sufrido. Por favor, sepan que él los quería a todos y que su música nos acompañará para siempre.
Wendy Dio”
Ronnie James Dio (de nome real Ronald James Padavona) foi un gran cantante do heavy metal acadando gran fama en grandes grupos como Elf, Rainbow, Dio, Black Sabbath e Heaven And Hell (reunión de antigos membros de Black Sabbath):

Con Elf:


Con Rainbow:


Con Dio:


Con Black Sabbath:


Con Heaven And Hell:




Xa eres inmortal Dio!!!
O magnífico

sábado, 15 de mayo de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Iron Man 2

Despois dun par de semanas sen ir ao cine, onte venres, decidimos (e eu osei) ir (eu en muletas) para ver a segunda parte da peli Iron Man, co "orixinal" título de Iron Man 2 (bo é que nesta secuela non lle incluiron un deses "marabillosos" subtítulos que abundan neste tipo de filmes... la venganza de non sei quen... la maldición de non sei quen, e variados...xD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Iron Man 2 corre a conta Jon Favreau (director tamén da primeira parte) e é a segunda película da triloxía sobre Iron Man, comprendida dentro do "megaproxecto" The Avengers (unha serie de películas que pretende abarcar o universo dos Vingadores, un grupo de superheroes dos cómics, que a través de varias películas individuais contando a historia de cada un dos seus membros pretende desembocar nunha película na que se espera reunir a todos eles)
A serie fílmica dos Vingadores: conformada polas películas: Iron Man, El increíble Hulk (a segunda que se fixo sobre A Masa, non o primeiro invento, xD) e Iron Man 2, que xa pasaron polas salas de cine; así como as futuras Thor (o famoso tipo do martillo, xD), o Capitán América e a susodita The Avengers. Hai varias películas sobre outros membros do grupo sen confirmar. Nas mesmas películas estreadas existen numerosas referencias a esta serie: na primeira Iron Man, Nick Fury xa ofrece ao heroe unirse aos Vingadores; no filme de Hulk, ao final Robert Downey Jr. como Iron Man reunese co xerenal que intenta atrapar á besta verde para informarlle que van a formar un equipo (¿acordádesvos?, fumola ver ao cine, xD), e nesta Iron Man 2, tralos créditos atopan o martillo de Thor no deserto de Novo México (o cal se non me engano, nós nolo perdimos, xD), volve aparecer o personaxe de Nick Fury e ademáis, na escea na que Tony está no seu laboratorio creando un novo elemento químico cuns tubos grandes pola sala adiante e lle pide a un axente do goberno que lle acerque unha especie de plato para nivelar ben os tubos, trátase dunha copia do escudo do Capitán América.
No noso caso, Iron Man é un superheroe, cuxa identidade pública é Anthony "Tony" Stark, brillante científico, egocéntrico empresario estadounidense e fabricante de armas (papel nas mans de Robert Downey Jr.), sen tratarse dun superheroe ao uso, con poderes sobrenaturais nin capa, senon que se sirve dunha armadura e de armamento de última xeración para vencer aos seus inimigos. Nesta parte debe enfrentarse a Whiplash (Mickey Rourke, o desmellorao e botado a perder "sex-symbol" de 9 semanas e media) e ao seu rival empresarial Justin Hammer (Sam Rockwell), xefe da empresa de armas competidora de Industrias Stark. Outros personaxes do universo Marvel no filme, War Machine, ou Iron Man II (Don Cheadle), Nick Fury (Samuel L. Jackson) e a Viuda Negra (Scarlett Johansson, alias "ay omá", xD)
A curiosidade do filme: en todalas películas de superheroes Marvel fai un pequeno "cameo" Stan Lee, o creador da maioría destes personaxes; nesta, aparece como Larry King (un famoso presentador dun programa nocturno da CNN, "Larry King Live") e é saudado por Tony Stark cando este abandoa a Expo Stark.
Conclusión: para min é unha boa adaptación dos cómics (algo moi difícil para certos personaxes e historias dos cómics e incluso dos videoxogos, tan de moda nos últimos tempos) respetando a historia, os caracteres dos protagonistas e os malos malísimos; ademáis na miña sempre humilde opinión a Robert Downey Jr. o papel de "tipo raro" e narcisista vaille ao pelo...
Valoración final: se es un friki destas cousas, perfecto... senon, é unha película bastante entretida.

O mellor: poder saír da casa... xD
O peor: ir ao cine en muletas, moi cansado... xD

O granítico

domingo, 9 de mayo de 2010

... e un regreso

Filipe Luís Kasmirski

Nun intento de ser novedoso, incluíndo o tema do fútbol neste meu blog, e porque me dá a gana (máis que nada) aquí vai o meu pequeno e especial homenaxe a Filipe Luis.
O 23 de Xaneiro de 2010, nun partido que enfrentaba ao R.C. Deportivo da Coruña co Athletic de Bilbao o xogador lesionouse nunha xogada fortuíta que igualmente acabou en gol; fractura de peroné e luxación de tobillo dereito (co cal non podo evitar sentirme... non sei porque extraña razón, xD... identificado). Aínda que a súa baixa se estimara entre 4 e 6 meses, onte, 8 de maio, tan só tres meses despois da lesión volveu aos terrenos de xogo.

Filipe Luis saltando ao campo de Riazor contra o R.C.D. Mallorca

Unha gran noticia para o Deportivo, para o fútbol, para o pobre chaval e un espello ao que mirarme para a miña propia recuperación.

¡¡Un crack, Filipe!!


O esperanzado

Unha despedida...

A banda Scorpions lanzou o 25 de Xaneiro de 2010 un comunicado no que anunciaba que tralo lanzamento do seu último disco "Sting In The Tail" e unha xira mundial poñían fin a súa longa e exitosa carreira. Por este motivo a eles vai adicado este Domingo de Rock.
Domingos de Rock Nº11: ESPECIAL Scorpions



Scorpions é unha banda alemana de Hard Rock fundada en Hannover arredor do ano 1965 polo guitarrista Rudolf Schenker e o baterista Wolfgang Dziony; para logo no ano 1969 o irmán pequeno de Rudolf e tamén guitarrista, Michael Schenker, xunto co cantante Klaus Meine entren na banda.
Tras numerosos cambios os membros actuales son os seguintes: Klaus Meine, á voz; Matthias Jabs e Rudolf Schenker, guitarristas; Pawel Maciwoda, ao baixo; e James Kottak á batería.

Debido ao extenso da súa discografía só deixarei constancia dos seus máis grandes e coñecidos éxitos...
Álbums de estudo:

* Lonesome Crow (1972)

* Fly To The Rainbow (1974)

* In Trance (1975)

* Virgin Killer (1976)

* Taken By Force (1977)

* Lovedrive (1979)

* Animal Magnetism (1980)

* Blackout (1982)

"No One Like You"


* Love At First Sting (1984)

"Rock You Like A Hurricane"


* Savage Amusement (1988)

* Crazy World (1990)

"Send Me An Angel"


* Face The Heat (1993)

* Pure Instinct (1996)

* Eye To Eye (1999)

* Unbreakable (2004)

* Humanity: Hour I (2007)

"Humanity"


* Sting In The Tail (2010)

"The Good Die Young" (coa colaboración de Tarja Turunen, ex-Nightwish)



Dende aquí a miña pequena homenaxe...
O atribulado

viernes, 7 de mayo de 2010

Galiza


Galiza. Única e irrepetible.
Natural. Bela. Fermosa.
O camiño e a meta.
A chuvia. O verde. A morriña.
A retranca. A saúdade.
Terra de labregos, de vacas.
O carallo. ¡Malo será!.
....

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?

Para min definir Galiza nunha palabra é imposible.
¿Que palabras asociades coa nosa Galiza?



O inusitado

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...