Vaiamos por pasos: Tisiqueeschino era un sólido bloque formado por dous xigantes, un inconmensurable músico como DR (*) encargado do ritmo, un auténtico mastodonte coa súa batería de orixe descoñecido Baffin, é un mago das seis cordas, coa súa mítica Gibson Tipo SG de cor negra, HdT, ambos crearon una serie (catro) xoias imperecedeiras, cancións atemporais, nun máxico ambiente de impoluta mestría.
E é que a veces na vida ocurren accidentes e feitos inesperados que sen embargo cambian radicalmente o curso da historia. E se tal vez HdT non houbera perdido as xemas dos dedos dunha man o quedárenlle trancados nunha máquina de facer chourizos, este nunca houbera desenrolado ese estilo pétreo, rotundo e pesado que sentaría a primeira pedra sobre a que se edificaría o novo xénero do Cutre Rock.
"Nese momento afundínme, pensei que ese feito acabaría coa miña ilusió
n de ser un gran guitarrista. Víñame o mundo encima, incluso pensei que non podería volver a “consolarme”, declara HdT. Gibson Tipo SG
O éxito chegoulles moi pronto, o seu single homónimo Tisiqueeschino (dividido en dúas partes) logrou acadar elevadas cotas de popularidade e alzandoos aos primeiros postos nas listas das principias radios independentes de Silleda e Breixa, fama que non conseguirían con traballos posteriores: Tisiqueesjapo, era un obra moi ambiciosa, un traballo complexo que non foi entendido pola gran maioría do público rockeiro; e Tisiqueesaristarco, foi unha volta de torca “excesiva”, ao abandoar o Cutre Rock por un Punk delirante e falto de ritmo, feito polo que os máis “puristas” seguidores da banda os “agasallaron” co número máis baixo de vendas en toda a súa historia.
"Non entendemos a pouca acollida de Tisiqueesaristarco, non é que a música non cadre, é que non houbo ningunha persoa no mundo capaz de asimilar a extensa cantidade de matices que recolle o que para nós é a mellor canción da nosa carreira", coinciden ambos nunha entrevista no 97.
Os integrantes nunha entrevista no ano 97Sen entrar a debatir a excelsa calidade do seu primer e único traballo (neste punto collen todo tipo de opinións), nadie consegue entender como este fantástico dúo pasou de estar na cima do mundo para emprender un debacle de titánicas proporcións.
"Tiñámolo todo: fama, cartos, mulleres e sobre todo…drogas e alcol. Eramos os putos amos. Deixamos de pensar en calqueira cousa que tivera que ver co grupo e coa música. Non queríamos seguir facendo boas cancións só pensabamos en cal ía ser a seguinte sustancia que iamos a esnifar e meternos polas fosas nasais", declara DR, nun confuso estado.
Numerosos problemas internos, a falta de acordo entre os integrantes, a eterna presenza de sustancias estupefacientes (HdT non se quedaba atrás, pero DR tiña un serio problema coa fariña, e non precisamente coa de cociñar, inda que as "boas" linguas sempre coincidiron en que era un gran cociñeiro) ou a mala infuencia do seu cámara, “pipa oficial” e representante AF, do que se decía que era o que lles pasaba sempre puntualmente “os mellores productos” fixeron que a innegable inspiración deste dúo silledense quedaran nun punto morto, un fatídico vacío deseoso, anhelante e ansioso de volver a encherse do mellor Cutre Rock, do que foron creadores.
"DR volvíase tolo, non tiña outra cousa na cabeza máis que emborracharse e meterse de todo, eu non o podía soportar. Existían momentos que o tipo ía tan pasado que me propoñía un cambio de rumbo para a banda hacia o Pop dos Canto do Tolo e dos que él chamaba, “a nova revelación do rock” Pereza. Eu iso non o podía deixar pasar", declara contundente HdT
"Él obligábame (referíndose a HdT), decíame: Ei, tío, metémonos unhas raias e despois poñemonos a ensaiar, e cando me aniñaba pa esnifar el gardaba a súa parte toda nunha bolsiña que despois vendía á saída. E por riba, a droga traiaa eu!!!", afirma DR
Namentres sigan estes malentendidos, o grupo seguirá cavando o seu propio nicho de morte para o monstro que eles mesmos crearon, que a pesares dos continuos rumores de volta, espera furioso e famento a súa resurrección.
Para coñecer máis sobre Tisiqueeschino, no Youtube: Tisiqueeschino (Parte 1 e 2), Tisiqueesjapo, Tisiqueesaristarco.
[Sobre o Rock] Nunca morrerá. Cando arroxen todas as bombas quizás haxa algunha cucaracha tocando un "fraseo" nalgún lugar.
O docto Señor da Xe














