No pobo de Rakkest, ao sur de Oslo, en Noruega, un rapaz de trece anos volvía a escola cando se veu atrapado por catro lobos famentos. Walter Ajkrem, que así se chama o infante, sen perdela calma, sacou o seu teléfono móvil e deuselle por poñer a todo volumen un tema da banda norteamericana Megadeth; claramente, cousa que o resto dos europeos nunca demos en imaxinar, aos lobos non lles gusta nada de nada o thrash metal (XD), polo que fuxiron despavoridos. Ao parecer, momentos despois os animais regresaron, pero unha nova ración metaleira foi suficiente para que estes volvesen a desaparecer e o impúber conseguise salvarse.
Polo visto, a Walter lle ensinaron algunha vez que, postos na situación que lle tocou vivir, nunca intentase fuxir do ataque destas peludas bestas, senon que intentara por todolos medios facer que fosen as feras quenes puxeran pés (bueno... patas) en polvorosa.
Por facer cábalas (xa que en ningures vin o título de tan asustadizo tema), eu diría que o chaval fixo soar a seguinte....