Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 27 de noviembre de 2009

Discos imprescindibles I (porque seguro que haberá moitas máis)


Xa tardaba un artigo de música rock no meu blog.... (e rima,xD)

Por que non só Deus foi "o único realizador de verdadeiros milagres e fenómenos de titánica beleza" (¿?), porque tamén o Demo creou fermosos sons para nós, os pecadores, "temerosos do Creador"
Listaxe dalgúns discos imprescindibles na historia da "grandiosa música do Demo" (sempre dende a miña humilde opinión): desta vez só puxen 16 pero espero seguir engadindo novas obras mestras coas que todos poidan disfrutar e "loitar" contra o veneno que aletarga o noso gusto musical...

* The Who - "Quadrophenia" (1973)
* Led Zeppelin - "IV" (1971)
* Deep Purple - "Machine Head" (1972)
* Pink Floyd - "The Wall" (1979)
---------------------------------------------------------
* Black Sabbath - "Paranoid" (1970)
* AC/DC - "Highway To Hell" (1979)
* Iron Maiden - "The Number Of The Beast" (1982)
* Judas Priest - "British Steel" (1980)
---------------------------------------------------------
* Helloween - "Keeper Of The Seven Keys. Part 1" (1987)
* Guns N' Roses - "Appetite For Destruction" (1987)
* Dio - "Holy Diver" (1983)
* Metallica - "Black Album" (1991)
---------------------------------------------------------
* Nirvana - "Nevermind" (1991)
* Muse - "Absolution" (2003)
* Hamlet - "El Inferno" (2000)
* Skizoo - "Incerteza" (2007)


O maiúsculo Señor da Xe

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) Hoxe (tamén): 2012


"Oh Deus, que raro unha película na que o mundo se vai a tomar polo cu, na que se gastan miles de millóns para ver como "rebentan" os edificios máis emblemáticos e famosos do mundo enteiro (a aqueles que simbolizan o poder duns poucos tampouco lles ven tan mal), que total queda nun desastre máis, a Terra enteira (ou cuns buracos por aquí e por alá) e na que pouco importa que houberan morto millóns de persoas nun tsunami nunha parte do mundo ou nun movemento sísmico "do carallo" na outra punta, e si que se salven 2 ou 3 que botan toda a película librándose "polos pelos" dun cento de caralladas que lles pasan (se ese día non "acabara o mundo" ben podían haber xogado os cuartos na Bonoloto, tanta sorte xunta non se viu dende que Homer acertou por azar cal era o botón que debía premer para evitar un problema nuclear)
Se a isto lle sumamos unha serie de gobernadores e presidentes de países extranamente "xenerosos" e "atentos" coas masas que manipularon para chegar ao poder, temos como resultado o proxecto "florentiniano" que é esta película (por favor, aqueles que se emocionen e "crean" ao ver como o presidente ianqui decide NON SALVARSE e morrer con aqueles que quedaron atrás, vaian pasando que a súa ración de vareadas xa está no punto)
¿Cal é a vosa opinión?

O egregio Señor da Xe

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) Hoxe: The Box

Con este novo artigo inauguro unha nova sección do meu blog: "Sei o que vistes o último venres....(porque eu tamén fun)", na cal se terán lugar as largometraxes das que sexamos partícipes (e ás veces vítimas) todalas semanas e a miña xunto coas vosas opinións sobre as mesmas. Para dita misión prégovos e agradézovos a vosa sempre inestimabel colaboración.
Como levo varias de retraso, hoxe é o turno de The Box, "unha marabilla da era moderna do cine".
Como é tan doado calificar esta película, non vou a comezar con ningún tipo de circunloquio, e polo simple feito de non alongar este artigo en demasía calificareina do seguinte xeito: "quen fose capaz de disfrutar deste filme é totalmente proclive a que lle arranquen os ollos e lle espeten alfinetes debaixo das unllas"
¿Que opinión vos merece a vós?

Grazas por facer posible esta sección (espero)
O agradecido Señor da Xe

sábado, 21 de noviembre de 2009

Luna Nueva: ¿a historia de amor xamáis soñada ou a maior tontería da historia?

Boas!! Polo visto os nervios afloran e existe unha xauría de lectores famentos de novas críticas e artigos variados neste meu blog. Grazas pola expectación xente, vexome obrigado a poñer en marcha o meu siso e crear "verdadeiras explosións de sentido común e da lóxica máis aplastante".Desta vez os coitelos van dirixidos hacia esa "fantástica" e "nunca soñada" saga de Crepúsculo (a cal non pode ser moi boa cando os seus "visionarios" creadores poñen no mesmo título a zona onde o lombo perde o nome, o cu, o traseiro, o ano, as posadeiras, cachas partidas, cortafogos, casco de bicicleta, montañas cun río seco atravesandoas....), unha saga cargada de vampiros capaces de andar a plena luz do día (e só porque está nublado) e de lobishomes (para entendidos licántropos) ben depilados, e máis concretamente hacia a segunda entrega, Luna Nueva.

Que bonita historia de amor, unha humana e un vampiro xuntos, ¿alguen pode soñar algo mellor? SI, unha vaca traendo ao mundo un becerro, ela protectora lambendo ao froito do seu ventre cando este nin tan sequera é capaz de manterse en pé (NOTA: este comentario fóra de lugar é unha petición expresa daqueles lectores que pedían artigos sobre vacas...que sabemos ken é!!! xD). O que todos chaman bonita historia de amor eu digo ÑOÑA, e así e como trancurren os 135 minutos aproximadamente de filme, declaracións do tipo: si te mueres me muero, un mundo sin ti no es mundo.... puajjj!!
Como xa comentei no blog do Señor da Z, ela (a que debe ser e eu non logro entender a muller máis envidiada do universo) é unha veleta, ay se este me deixa pois aora vou kon este, e kando este se faga ilusións digolle que o kero, pero ke sempre me justou o outro e non ten nada ke facer.... decideme que ela non ten claros os seus sentimentos e eu digovos ke é moi desgraciada e cruel...
Pero bueno, deixando aparte o "vomitivo" argumento, que para min está dirixido solamente a un público concreto, paso a falar de outros detalles que a maioria da xente non se percata, onnibulada como está coa "historia única e irrepetible que está a entrar polos seus ollos":
1. ¿Non existe mellor maneira para introducir a unha familia de vampiros aristocráticos para poder ter unha liña de argumento aberta para os proximos libros que decir que o vampiro pensou en suicidarse e para iso ten que ir dar a Italia onda estes vampiros refinados?
2. ¿Cando atopan no monte perdida á rapaza nadie se extraña de que o rapaz que a trae en brazos vai sen camiseta? ¿é algo normal de noite e chovendo?
3. Se os actores son novas promesas para o futuro do cine, ¿porque cada 5 minutos aparece un home "marcado" e sen camiseta? chove. neve, ou kaian chuzos de punta?
4. ¿Quizais a talla deste actores se mide polos seus abdominais?
5. ¿Que persona nos seus cabais lle preocupa con 18 anos ke vai morrer vella e de maior vai estar engurrada?
6. ¿Como alguen que ainda non acabou o instituto e non coñeceu outra persoa na vida pode pensar en casarse?
7. ¿Nadie se dou conta da razón de porque o home lobo, cara ao final do filme, logo de transformarse, marcha do lugar sen volver á súa forma humana? Porque se o fixese estaría "en cirolas" (non quero entrar no debate de cantas féminas desexarían tal final), por certo, ¿na película non se trata un tema tan importante como cal é o gasto en pantalóns e camisetas destes "bechos", a pesares de que a única maneira que toparon para aforrar era andar sen camiseta ou todo o día transformado?

Por todo isto digo que esta película é propia de quinceañeras, ávidas lectoras da "Loka"....
Polo mesmo incio dende aqui (xunto, espero, ao Señor da Z) unha cruzada por una cambio de argumento nesta saga:







POR FAVOR BLADE ESCOITA AS NOSAS PLEGARIAS!!! SALVANOS!!!

O apocalítico Señor da Xe

Déixovos coa opinión dun experto na materia:

viernes, 20 de noviembre de 2009

Un artigo de benvida


Boas!!
Esta é unha noite fría coma poucas e tan escura que "non se ve un burro a dous pasos", topábame eu, triste e azul, cando se me ocurreu dun xeito moi ilarante crear un blog para tocar as partes pudentas e fomentar a lectura duns poucos (se os hai).
Darvos a benvida a este rincón apartado do bo gusto e da inspiración e agradecervos os vosos futuros e seguramente "interesantes" (¿?) comentarios (se os hai)
Otrosí digo que ese Señor da Z me parece unha persoa do máis desagradable.
Ahi queda eso...

Agarimosamente, o Señor da Xe

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...