Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 14 de febrero de 2010

Domingos de Rock Nº8: ESPECIAL Guns N' Roses


Guns N' Roses é unha banda de hard rock nacida nos Ánxeles en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o baterista Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose. Chegou a ser considerada a banda máis peligrosa do planeta.

"Welcome To The Jungle" (1987, Appetite For Destruction)


"Patience" (1988, Lies)


"Live And Let Die" (1991, Use Your Illusion I)


"Civil War" (1993, Use Your Illusion II)


"Since I Don't Have You" (1993, The Spaguetti Incident?)

(Versión da canción de The Skyliners)

"Better" (2008, Chinese Democracy)

(Non é o vídeo orixinal)
(Unha "barrenadura" de Axl Rose)


O formidable

Baladas do Rock 4: baladas míticas

Weno, tiñao preparado dende hai un tempo, aínda que sexa outro artigo das cansinas baladas, ao Sr. da Xe non se lle ocurriu outro tema que poñer, e como me considero un pouco "fervellasverzas" e sempre teño que publicar algo, fago o artigo que máis estou a utilizar últimamente... As seguintes baladas son un pouco raras, de varios estilos e non sei se as coñecedes todas...

Por aqui:
"Every Breath You Take" de The Police


"More Than A Feeling" de Boston


"Dust In The Wind" de Kansas


------------------------------------------------------------------------
Por outra banda:

"Don't Cry" de Guns N' Roses


"Free Bird" de Lynnyrd Skynyrd


"More Than Words" de Extreme


O admirable

sábado, 13 de febrero de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Hombre Lobo


¡¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!!

Boas tardes! Despois dun par de semanas sen pisar unha sala de cine dousenos onte por ir ver esta, unha máis, sobre o home lobo, do que parece que en canto ao cine se refire parece que estea todo dito, posto que esta é unha película que non aporta nada novo ao xa hastiado e tedioso mito do home lobo ou licántropo.
Non vexo adecuado aburrirvos con máis datos sobre esta criatura posto que existen numerosos artigos e exemplos nos outros blogs veciños (para máis información, visitar o blog da señorita Arredemoo cun artigo máis que completo sobre a licantropía)
Esta nova versión dun tal Joe Johnston, é un "remake" do clásico de terror de 1941 do mesmo nome, e "profundiza" nas orixes do mito deste home maldito. Lawrence Talbot (Benicio del Toro), un noble adiñeirado, retorna á propiedade da familia en Blackmoor trala desaparición de seu irmán. Lawrence, xunto ao seu pai (Anthony Hopkins) buscarán ao seu irmán, búsqueda na que descubrirán a súa ansia de sangue.
O gazapo do filme: Benicio del Toro tras ser atacado pola besta no campamento xitano (en canto lla están cosendo) ten a ferida situada no seu ombreiro esquerdo, para máis adiante na cinta, estarse masaxeando a cicatriz da mesma desta vez do lado dereito. (xD..¿quen se fixou?)
Conclusión: outro intento fallido de intentar facer un boa película, unha desas "raras" ocasións que nin a conxugación de grandes e consagrados actores consiguen levar a bo porto un proxecto cinamtográfico.
Valoración final: unha película totalmente prescindible...

O mellor: a ambientación ou a banda sonora...
O peor: que a veces os primeiros planos do "becho" parecían dignos dunha película moi mala de Serie B



O sagaz

domingo, 7 de febrero de 2010

Domingos de Rock Nº7: ESPECIAL Apocalyptica

Despois de varios domingos de silencio...



Apocalyptica é unha banda de (novedoso xénero) Cello Metal formada en Helsinki, Finlandia no 1993 por catro violonchelistas graduados na Academia de Música Clásica Sibelius; e o máis destacable destes é o feito de tocar heavy metal con violonchelos.
O grupo formado por Eicca Toppinen, Paavo Lötjönen e Perttu Kivilaakso; comezou facendo versións de Metallica, para máis adiante realizar cancións propias nun principio só instrumentais para realizar máis adiante colaboracións con diferentes vocalistas. A incorporación de Mikko Sirén á batería conclúe esta orixinal formación.

"The Unforgiven" (1996, Play Metallica By Four Cellos)



"Nothing Else Mattters" (1998, Inquisition Symphony)



"Path" (2000, Cult)

(con Sandra Nasic, ex-cantante de Guano Apes)


"Faraway" (2003, Reflections)

(con Linda Sunbland)


"Bittersweet" (2005, Apocalyptica)

(con Ville Valo de HIM e Lauri Ylönen de The Rasmus)


(2007, Worlds Collide)
"I Don't Care" (con Adam Gontier de Three Days Grace)


"I'm Not Jesus" (con Corey Taylor de Slipknot e Stone Sour)


"S.O.S. (Anything But Love)" (con Cristina Scabbia de Lacuna Coil)



O imparable

sábado, 6 de febrero de 2010

Leonardo: homenaxe ao maior xenio de todolos tempos

Non sei se a vós vos pasa, ou tedes algunha opinión ou preferencia sobre o tema, pero eu hai persoas na historia que me gustaría haber coñecido ou alomenos haber mantido unha conversación con él/a, e este é o caso de Da Vinci, para min o personaxe histórico máis coñecido (non sei se despois de Xesús; resaltando que digo histórico e non relixioso), e o meu preferido.

Leonardo di Ser Piero da Vinci (Anchiano, Italia, 15 Abril de 1452-Castelo de Clos-Lucé, Francia, 2 de Maio de 1519) foi un arquitecto, escultor, músico, pintor, inventor, inxeñieiro e home do Renacemento por excelencia. Considerado un dos máis grandes pintores de todolos tempos e quizáis a persoa cos talentos máis variados da historia.

Amósovos unha pequena mostra dos seus "logros" máis coñecidos (e asegúrovos que se quedará infinitamente corta en comparación con todolos estudos deste personaxe florentino)

Pintura: supoño que todos coñecederes a cadro da "Gioconda" (ou popularmente, a Mona Lisa) e da "Última Cea" (respectivamente)


Tamén destacan "A Virxe das rocas", "A adoración dos Magos", "San Xoan Bautista" e "A Virxe, o neno Xesús e Santa Ana"...

Notas científicas: sobre todo destacan os seus estudos anatómicos e do corpo humano, con debuxos extremadamente detallados, como o sobradamente coñecido "Home do Vitrubio"

Algo que me apasiona de Da Vinci, era esa admirable sensación de parecer que sempre ía un paso por diante do coñecemento da época, e un reflexo da realidade de séculos posteriores foi a deseño dunha máquina voadora...


En canto a lenda que rodea a Leonardo da Vinci atopamos numerosos rumores referidos ao xenio florentino: dende a súa suposta homosexualidade (derivada das súas afirmacións acerca da súa falta de interese hacia as relacións físicas involucradas na procreación humana e á escaseza de relacións íntimas coñecidas con mulleres, máis alá da súa amizade con Isabel de Este... a época, xD!!), a súa relación co rei de Francia (o cal o nombrara o seu favorito ata o punto de que foi o italiano quen sostuvo ao monarca na súa morte) e a súa "oculta" oposición ás doutrinas relixiosas (do que se dí que agochaba detalles en contra da mesma nas súas obras máis coñecidas).

Reservado na súa vida privada, vexetariano por razóns éticas, e a prol da defensa dos dereitos e do respeto hacia a vida dos animais, Leonardo da Vinci é considerado (opinión compartida por min) como o xenio máis grande de todolos tempos.

O xenial

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...