Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 30 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Thor

Ahí vai outra crítica dunha película, como non, de superheroes tan en boga nos últimos cinéfilos anos; neste caso de 'Thor', heroe inspirado no deus nórdico homónimo, que forma parte da serie fílmica dos Vingadores (un grupo de superheroes por se non o sabiades...xD) que vai a desembocar no filme 'The Avengers' onde se reuniran unha recua deles. O Señor da Xe xa falou da mesma noutra crítica desta sección e deste blog. Velaí vai o enlace...

¡¡Atención, este artigo pode contar detalles sobre a trama!!

Thor, o deus do trono na mitoloxía nórdica e xermánica, serveu de inspiración a Stan Lee para crear un superheroe co mesmo nome para os cómics de Marvel, unha persoa arrogante e un codicioso guerreiro, fillo de Odín, cuxos imprudentes actos reavivan unha antiga guerra contra os xigantes do xeo, motivo polo cal é castigado e desterrado á Terra a vivir entre os humanos para descubrir o verdadeiro valor da humildade. Cando o seu "irmán" usurpador do trono de Asgard, Loki, ataca á Terra, Thor debe converterse no protector do noso mundo. Esta mesma é a sinapse da película 'Thor', unha especie de explicación da orixe deste superheroe-deus. O mazas de turno é Chris Hemsworth ('Cash', 'Una escapada perfecta') que se acompaña neste filme coa actriz de moda Natalie Portman ('Cisne Negro'), Anthony Hopkins no papel de Odín ('El rito', 'El hombre lobo') e Stellan Skarsgard ('Ángeles y demonios', 'El rey arturo'). Este é máis ou menos o reparto máis coñecido.
Conclusións: debido á miña infancia rica en historietas deste tipo (outro dáselles por chamarme friki... xD) xunto coa que voracidade coa que soía devorar cómics en idades máis precoces sempre sinto curiosidade pola forma en que van a adaptar a este ou aquel superheroe. E neste punto 'Thor' lévase un valioso punto: polo que sabía (e polo que poiden ler a maiores) acerca do mesmo, a historia, os personaxes e incluso os arquiinimigos estan ben adaptados e ben caracterizados na gran pantalla, facendo, como xa insinuei, de 'Thor' unha película máis que correcta nese aspecto. Pero nunha análise máis profunda, e logo de ollala enteira quédache certa regusto amargo, como de película frouxa, si, épica, pero frouxa. ¿A razón?, pois non logro atopala, quizais se trate do dúo protagonista (o rubiaco mazas e a Portman non me acaban de cadrar), esa loita final que parece que os jichos nin sexan inimigos acérrimos (quitándolle emoción ao final) ou se as súas antecesoras en temática comicqueira, a saber 'Iron Man' e 'El caballero oscuro', provocaron que o listón deste tipo de largometraxes se atope a unha altura que ningunha das vindeiras logrará acadar. A pesares de todo sexamos benevolentes, 'Thor' cumple (e ben) co seu cometido e por riba entreten.
A curiosidade do filme: convertido en costume (que menos tamén... xD), Stan Lee fai ou seu correspondente cameo na película. Nesta aparece como o conductor da camioneta que enganchan ao Mjohnir (o martillo, bah...) con cadeas para tentar arrincalo da pedra co nefasto resultado de que a camioneta lle salta a parte de atrás (non podo ser máis específico, xD).
Valoración final: como digo sempre, os frikis van disfrutar (ou non) e o resto pódena ollar apaciblemente sen sufrir de pensamentos homicidas nin coa sensación de haber tirado cos cartos.


O mellor: os efectos especiais.
O peor: certa falta de "chispa".


O atronador

martes, 26 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Código Fuente


Desta o título do artigo si está acertado... xD

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Como sempre, comezando polo principio, 'Código Fuente' forma parte da filmografía do novel director Duncan Jones (digo novel xa que conta con só duas películas no seu haber), que tamén o fora da rara (e orixinal) 'Moon' (estas temáticas "raras" parecen do gusto deste director, algo que se agradece nun intento por ser orixinal no tedioso e interminable bucle que conforma Hollywood en canto aos centos de películas que dá en "parir"). Co coñecido Jake Gyllenhaal (creo habelo escrito ben, xD) á cabeza ('Brokeback Mountain', 'Amor y otras drogas', 'Prince Of Persia'), esta película é a historia do que pudo ser e non foi, logo me explico.
O capitán Colter Stevens (o propio Jake) é un soldado que forma parte dun programa experimental do goberno para investigar un atentado terrorista, desperta na pel dun viaxeiro no tempo cuxa misión é a de "vivir" (e as comiñas son importantes) unha e outra vez o atentado a un tren ata que consiga averiguar quen é o culpable. Aquí remata a sinapse. O resto do reparto (principal) confórmano Michelle Monaghan ('Adios pequeña, adios', 'La conspiración del pánico'), Vera Farmiga ('El niño con el pijama de rayas', 'Up in the air') e Jeffrey Wright ('La jungla 4.0', 'Quantum of solace').
Conclusións: como xa dixen, 'Código Fuente' é a historia do que pudo ser e non foi; collendo claramente a testemuña da xenial (opinión persoal) 'Origen' do mestre Nolan, esta película recolle unha temática bastante interesante pero que non souperon desenrolar en demasía.
É a historia do que pudo ser e non foi xa que unha vez vista a película non me quedou nada claro que coño é o "código fuente" de marras, e non creo que nin os creadores do filme o tiveran.
É a historia do que pudo ser e non foi porque a película comeza ben pero que principalmente e falando en plata a joden ao final... ATENCIÓN SPOILER para min 'Código Fuente' termina cando se paraliza a imaxe FIN SPOILER.
Quita o cento de esterotipos e clichés de toda pelicula de acción e quita a máxima premisa hollywoodiana de que en toda película ten que haber unha historia morrántica; pois a pesares de todo eso (o cal todo espectador de cine comercial con dous dedos de frente que se dispón a ver esta película xa debe contar con elo) a película consegue entretener, de sobra ademáis (non dura moito e tendo en conta ademáis a calidade da cartelera últimamente), e sería unha película máis por encima da media (que o é) se acabara onde o remarco (chegado a ese punto ata me sentin en presenza dunha película máis que digna), ¡pero non!, decisión últimas tomadas en despachos provocan que a película deba ser pasada polo embudo hollywoodiense e provocan ademáis que o "happy ending" sobradamente coñecido deba ser "incrustado" (non hai outra palabra, xa que parece verse a leguas que o director non quería un final así) na mesma, provocando que o filme baixe enteiros en calidade (chegado a ese punto desexei haberme levantado da sala no momento anteriormente mencionado).
Non deixarei de comentar que se alguén veu 'En el punto de mira' e non lle gustou, quizais (no, seguro) tampouco lle gustará esta.... aquela xa tiña os suficientes viaxes ao mesmo momento e lugar que un espectador pode soportar... xD
Valoración final: unha película entretida que de haber resolto de mellor maneira o "exame" dos productores sería outra historia.


O mellor: Michelle Monaghan e a escea da explosión dentro do tren dos protagonistas frente a frente...
O peor: a extrana certeza que vai medrando nun mesmo co paso dos minutos ao comprobar que outra vez Hollywood nola vai meter doblada... xD


O recto

lunes, 25 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Cisne Negro

Que en realidade foi un domingo, pero case pasarei de cambiarlle o título ao artigo por esa nimiedade... xD

¿Que vou a contar desta película que non se sepa xa? pero debido á miña falta de "ansia" por crear novas entradas neste meu blog e a tardanza coa que películas como esta chegan ás salas de cine que máis preto da casa me quedan, quizais este artigo xa quede un pouco relegado no tempo, pero bueno...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Do autor de outras boas películas como 'El Luchador' ou 'Réquiem por un Sueño' e de apelido complicado á pronunciación e ao oído, Darren Aronofsky, chega esta moi boa (na miña sempre inexperta e humilde opinión) película que me ocupa, 'Cisne Negro'.
O máis coñecido e excelso do reparto deste filme é sen dúbida Natalie Portman ('V de Vendetta' ou a triloxía recente de Star Wars), que no papel de Nina, unha brillante bailarina dunha compañía de ballet de Nova York que vive completamente absorbida polo baile é elixida para "interpretar" o famoso "Lago dos Cisnes", a que numerosas presións, a saber, o férreo control da súa sobreprotectora nai, a rivalidade dunha compañeira e a esixencia do seu director provocará que esta sexa incapaz de distinguir a realidade da ficción; cómese sen miramentos a gran pantalla. O resto do plantel é completado por Vincent Cassel ('Irreversible', 'Ocean's 12', 'El Pacto de los Lobos'...), Mila Kunis ('Max Payne', 'Noche Loca', 'El Libro de Eli'...) e Wynona Ryder (si, a de 'Alien'... xD, ou outras como 'Inocencia Interrumpida' ou 'Eduardo Manostijeras') entre outros. Ata aquí a sinapse e a conxugación do reparto.
Conclusións: seguramente unha gran cantidade de personas de encéfalo plano, destes que ven unha ou outra película para evitar quedar na estacada a según das modas do momento, che dirán que o 'Cisne Negro' é unha panochada, unha continua paranoia detrás doutra, e que non merece a pena nin tan sequera vela (estes tamén suelen ser daqueles que lles mola "destripar" películas cando lle pides unha crítica máis ou menos obxectiva); e non estarán enganados só nunha cousa, que a película é unha sucesión de situacións na que a protagonista é incapaz de distinguir se o que está a vivir forma parte da súa imaxinación ou acontece de verdade, "unha continua paranoia", ¡si!, pero unha paranoia (así como as numerosas metáforas que intentan explicar a "transformación" da bailarina) que engancha e te manten en vilo arredor de 103 minutos de metraxe; 103 minutos de metraxe, que como xa dixen a Portman é a principal baza e na que cumple con creces co seu papel. O director Darren Aronofsky repite, creo eu, o mesmo esquema que utilizara con 'El Luchador'; un personaxe, amo e señor da pantalla en toda a película, cunha cronoloxía máis ou menos difícil, que vive ante os nosos ollos unha historia "que parece non levar a ningures" pero que fai que te sintes completamente conforme co diñeiro (ou/e o tempo) invertido en tal evento. Otrosí digo que o esquema gaña enteiros nesta película.
Un último apunte se se me permite; os últimos (intesos) minutos da película, os que corresponden á actuación final, son do mellor que vin últimamente, nos que "lóxicamente" a banda sonora axuda en grandes proporcións...
¿A curiosidade do filme?: Natalie Portman levouse o Oscar á mellor actriz por este papel... xD
Valoración final: completando o dito na anterior crítica, xunto a 'Origen' e '127 Horas' do mellor deste último ano...


O mellor: non pretendo reiterarme, pero sen dúbida, Natalie Portman.
O peor: certa previsibilidade.


O magnánimo

miércoles, 13 de abril de 2011

domingo, 6 de marzo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: 127 Horas


Con esta xa van dúas das películas que estiveron nominadas para os Oscars deste ano, e sen haber visto as demáis creo que a nominación tena máis que ben merecida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'127 Horas' é unha película dun director que nos últimos anos se está dando bastante a coñecer, sobre todo cando a súa anterior película 'Slumdog Millionaire' levara a friolera de 8 premios Oscars hai uns anos (que me parecen moitas para esa película, pero bueno... eso xa é fariña doutro costal), Danny Boyle (ademáis da citada, director do bodrio 'Sunshine', da de zombies '28 días después', da mítica de DiCaprio 'La Playa' ou da mítica 'Trainspotting').
O argumento é o seguinte, totalmente basado nunha historia real (e cunha gran fidelidade, como eu ben puiden comprobar na beata Wikipedia): o intrépido montañeiro e escalador norteamericano, Aron Ralston; en maio do ano 2003, durante unha andanza polos nada transitados canóns de Utah, sufre unha caída coa terrible mala sorte de que o seu brazo queda atrapado por unha roca, dentro dunha profunda fenda. Tras varios días inmovilizado, acaba por tomar unha dramática decisión, PEDAZO DE SPOILER amputarse o brazo para así poder liberarse e salvala vida. FIN PEDAZO DE SPOILER.
Conclusións: sen rodeos, esta é unha gran película, que non deixo de recomendar a todos que a vexan, xa que a pesares de que a priori a sinapse sexa do máis simple (e nun afán simplista, mítica) a forma en que Boyle conta a trama é o que realmente fai que a película pase (e se disfrute) nun suspiro (tamén é certo que ten unha duración de arredor dos 90 minutos, tampouco a historia daba para moito máis). Para min, a meirande parte da culpa neste aspecto o ten a banda sonora (que seica corre a conta dun tal A.R. Rahman), moi acertada durante todo o treito que dura o filme, cancións animadas que moitas veces contrastan coa dureza das imaxes (ou coas veces que ao tipiño se lle vai un pouco a perola, por outra parte, totalmente acorde coa situación que lle toca vivir) ou cara o final un pouco máis concordes co que se ve na pantalla, así como coa intensidade das emocións dese instante. Outro gran acerto é como o director nos fai partícipes das vicisitudes que o montañeiro ten que pasar namentres se atopa atrapado, como se nós mesmos o acompañaramos na sua angustia (o sufrimento, o malestar máis lóxico, incluso con humor, claramente cun humor negro, que permite tomar algo de aire para a seguinte escea), ou a forma en que son plasmados os pensamentos e as sensacións de Aron (por exemplo, cando está a quedarse sen auga, pola pantalla corren anuncios das máis refrescantes bebidas convertendoos nunha especie de soño inalcanzable). Esto claramente non sería posible sen a soberbia actuación de James Franco (polo que de novo estou de acordo coa súa nominación nesa categoría na gala deste ano; o que non podo decir é se merecía o premio baixo o risco de non ser obxectivo), cando todo o peso do filme cae sobre él, pois agás un par de minutos, él é o único que aparece en pantalla.
Habería que rematar co gran secreto a voces que encerra esta película, así como o momento máis duro de todo o largometraxe, cando o alpinista decide que a única posibilidade que ten de fuxir (posto que nadie vai ir a rescatalo) é amputandose a si mesmo o brazo. A escea é moi cruda e moi realista, pero non se acerca nin de lonxe ao gore repulsivo da saga 'Saw' ou de 'Hostel' (si que hai sangue e se ve "todo" perfectamente), esta impacta e incómoda (sempre debido ao gran realismo da escea; eu nunca o pasei tan mal no cine nin co gore máis noxento e inmundo que non se o cre nadie). Tamén é certo que toda esa retahíla de aparatosos sucesos nas salas de cine que viñan acompañando á película (xente que se desmaiou, vómitos...) me parece un pouco exaxerado (e cun claro e burdo interés publicitario), non é recomendable para estómagos sensibles, pero tampouco é para tanto, dependerá máis que nada da sensibilidade de cada un.
Valoración final: xunto a 'Origen', o mellor que vin do anterior ano 2010.


O mellor: o dinamismo da película e da forma en que avanza a trama (xunto con certas esceas onde a cámara se atopa en lugares do máis insólito)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)



O descocado

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...