Illuminati (
en latín "il luminati" que significa "iluminados") é o nome co que se coñece á
Orde dos Perfectibilistas ou
Iluminados de Baviera, e é unha sociedade secreta fundada o 1 de maio de 1776 en Ingolstadt (Alemaña) por Adam Weishaupt. O seu obxectivo era derrotar todolos gobernos e reinos do mundo, ademáis de erradicar todalas relixións e crenzas para rexilas baixo un Novo Orde Mundial, basado nun sistema internacionalista, cunha moeda única e unha relixión universal, donde cada persoa acadaría a perfección.
As súas metas a longo prazo eran:*abolición da monarquía e de todo goberno establecido según o Antigo Réxime.
*supresión da propiedade privada dos medios de producción para individuos e sociedades, coa conseguinte eliminación das clases sociais.
*abolición dos dereitos de herencia.
*destrucción dos concepto de patriotismo e nacionalismo e sustitución por un goberno mundial.
*abolición do concepto de familia clásica e tradicional.
*prohibición de calquera tipo de relixión (
coa conseguinte destrucción da Igrexa Católica Apostólica Romana) establecendo un ateísmo oficial.
A historia dos Illuminati: orixe e disolución
A Orde dos Iluminados de Baviera foi fundada na noite do 30 de abril ao 1 de maio de 1776 (
víspera da famosa noite de Walpurgis, ou noite de bruxas), nun bosque cerca de Ingolstadt (Baviera), ao sur de Alemaña, donde un pequeno grupo de homes estableceron e xuraron cumprir os propósitos da sociedade. Entre as persoas que se atopaban esa noite só se sabe a identidade de tres:
Adam Weishaupt (
na foto), Max Merz e Anton von Massenhausen.
Trala fundación, Adam Weishaupt (quen se proclamou a sí mesmo co nome simbólico de
Spartacus) convenceu aos seus primeiros adeptos; un estudante de Múnich chamado Franz Xavier von Zwack e un barón protestante de Hannover chamado Adolph von Knigge (
Frater Philón), quen xa estaba iniciado na masonería.
Grazas ás habilidades de Von Knigge, os Illuminati rápidamente se extenderon por Alemaña, Austria, Hungría, Suiza, Francia, Italia e outros puntos de Europa, afiliando a personalidades do talle de Herder (
Damasus), Goethe (
Abaris), Cagliostro, o Conde de Mirabeau (
Leónidas) e o lexendario alquimista Conde de Saint Germain, entre outros nobles, duques, condes, príncipes e baróns.
Animado polo seu éxito ao lograr reclutar un gran número de pensadores, filósofos, artistas, políticos, banqueiros, etc, Adam Weishaupt tomou a determinación de afiliarse á masonería por medio de Von Knigge, e ordeou a infiltración e o dominio da mesma.
O 16 de xullo de 1782, nunha reunión da masonería continental que tivo lugar no convento de Wilhelmsbad, os Illuminati intentaron unificar e controlar baixo a súa autoridade todalas ramas da masonería. Aínda que xa lograran infiltrarse nas logias de toda Europa, a decisión non foi apoiada por estos últimos; momento no que se percataron das intencións deste grupo e do conflicto entre os seus principios e os dos "
Iluminados", polo que nese momento se decidiu por parte da Institución Masónica manter unha oposición directa contra os illuminati.
O 22 de xuño de 1784, o príncipe elector de Baviera, duque Karl Theodor intuíu o perigo que supoñían os Illuminati para a Igrexa católica e as monarquías debido á súa ideoloxía comunista, revolucionaria e igualitaria, e aprobou un edicto contra éstos, contra a masonería, e en xeral calquera sociedade non autorizada pola ley. En 1785, o edicto foi confirmado e así dou comezo as persecucións e arrestos dos membros da sociedade.
Os plans máis secretos dos Illuminati foron revelados por casualidade a noite do 10 de xullo de 1784, cando un mensaxeiro de Weishaupt identificado como o abade Lanz, morreu inesperadamente por mor dun raio. O seu cadáver foi levado á capela de San Emmeran por habitantes da zona e ahí entre os seus hábitos atopáronse os importantes documentos que trataban sobre os plans secretos de conquista mundial.

No actual billete dun dólar estadounidense aparece o Gran Selo dos Estados Unidos, o cal está composto polo "Ollo que todo o ve" ou "Ollo da Providencia", considerado un símbolo Illuminati.
Acompañaos a senteza "Annuit Coeptus" ([Él] aprueba [nuestro] comienzo) e "Novus Ordo Seclorum" (Nova Orde das Eras, ou comezo dunha nova Era)[... continua nunha segunda entrega coas teorías da conspiración que xiran en torno a esta sociedade]
O ignoto 