
Nin Oscars, nin Razzies, nin ostias...
¡¡¡Ladyes and gentlemans!!! presentamos os premios do cine do Señor da Xe... redoble... letreiro de Paramount Pictures... ruxido dun león e comezamos...
Nesta primeira edición vamos a dar unha serie de premios "
especiais" a aquelas aberracións do séptimo arte, auténticos crímenes perpretados por uns desalmados directores, "
truñacos" con maiúsculas, atentados á tódalas regras do bo gusto, do estilo e en definitiva, do bo cine...
Sen máis dilación os Anti-Oscars do Señor da Xe...
Categorías:
-
Premio á película "somnífero": creo que o título é bastante claro e revelador... xD
Opinión do autor: 'Passengers'; perdín a conta das veces que me quedei durmido vendo esa película, eso que non dura demasiado... e eso que a chati que saía estaba de bo ver... xD-
Premio á peor secuela ou á peor adaptación: din que segundas partes nunca foron boas, e abofé que aquí o imos a desmostrar, xD...
Opinión do autor: 'Batman y Robin'; non sei se é certamente unha secuela, pero forma parte dunha serie ou saga sobre este personaxe... infumable, prescindible e insufrible. Clooney de superheroe e Arnold Schwarzenegger de malo malísimo. Bienaventurados sodes se non a vistes...-
Premio "ay dios, a que se aveciña...": esas películas que vas ver ao cine ou "
disfrutas" na casa e ao pouco te enteras de que vai a haber máis partes...
Opinión do autor: ¡non home! Crepúsculo sería moi previsible... 'La Herencia Valdemar'; non me chegaba o momento de levantarme da sala e botarme fóra de alí, temeroso de que ao esperar aos créditos me ía a enterar que van facer unha segunda parte (polo menos). Dichosos los ojos... xD-
Premio "esta creo que xa a vin": en clara referencia a esas películas que aos 5 minutos xa sabes como vai a rematar. Tamén podería chamárselle a esta categoría "
Premio á película coa trama máis insípida da historia"
Opinión do autor: ía poñer calquera película de acción ou mismamente calquera comedia romanticona das que sobran na historia do cine, asi que direi... 'Ultimátum a la Tierra'; joer que se sabe de sobra que Keanu Reeves vai palmar...-
Premio á peor película obligada: se fustes obrigados a ver unha película, que a vós xa vos daba no corpo que ía ser unha p.... merda, e que aínda así a ollastes... esa película entra dentro desta categoría.
Opinión do autor: 'Sky High: Escuela de altos vuelos'; o culpable de que eu fora a ver esta película aínda sigue vivo... de feito me están entrando unhas olvidadas e repentinas ansias de matar... xD-
Premio á película interminable: outro título máis que claro...
Opinión do autor: 'Lost In Translation'; case morro de felicidade cando acabou...-
Premio á película de terror máis graciosa: ¿teño que explicar esta categoría tamén? xD
Opinión do autor: 'Km. 31', nunca unha película de medo me fixo tanta gracia, penosa...-
Premio ao peor actor/actriz: para non ser moi crueles, englobamos os dous sexos na mesma categoría (
por iso da igualdade e tal... xD). Actores e actrices que algún día tiveron a terrible idea de meterse á interpretación...
Opinión do autor: Chuck, Van Damme, Seagal, o Chuache, Stallone... son incapaz de escoller...-
Premio á peor película: aínda que sexa a categoría co título máis normaliño, refírome a eses filmes nos que durante os seu transcurso pensastes repetidas veces en arrincarvos os ollos e chegastes a envidiar ao invidente que vende cupóns na esquina... ese "
truñazo" con maiúsculas que nunca poderemos olvidar...
Opinión do autor: 'Campo de Batalla: la Tierra', creo non haber visto cousa peor, ademáis de 'Crepúsculo' e tódalas secuelas habidas e por haber (si, non o puiden evitar...xD). Sintoo pero non a soporto, polo que non vou comentar nada máis ao respecto.NOTA DO AUTOR: sinto a pouca imaxinación na miña elección, prometo en futuros comentarios ampliar as miñas opinións en cada categoría, asi como corroborar ou opoñerme ás vosas... xD
Por certo, podiades poñer máis dun exemplo por categoría (
se non é moito pedir)
Aquí quedan os meus pecados ao descuberto, veña ensañádevos con ganas...
O polemista 